Presentamos aquí os materiais realizados para a conmemoración desta data. Na parte inferior esquerda, temos a Guía de Lectura, na que aparecen os fondos que se expoñen no vestíbulo do centro -DVD’s, libros e exemplares de Banda Deseñada- que teñen relación coa conmemoración. Na parte da dereita, hai un folleto no que explica o porqué da data e o porqué da conmemoración pois, temos tantos días con conmemoracións que se acaba perdendo o sentido e a razón dese día.
Tamén quixemos engadirlle ao día un motivo específico este ano. Así, o tema é salientar as mulleres que tiveron o Premio Nobel da Paz. Efectivamente, hai un feixe delas. E precisamente esa é a formulación pensada para este ano: xuntar a idea da Paz e visibilizar a presenza da muller entre os Premios Nobel. Na presentación,titulada “Mulleres de Paz“, aparece unha pequena reseña, a foto da protagonista e o ano e a bandeira do seu país. Pódese ver no vídeo que está aquí debaixo.
Deixa unha resposta