Cando era novo non existían as redes sociais para establecer un nexo virtual entre lectores, a libraría era un punto de encontro indispensábel para ir artellando os gostos literarios. Coa axuda dos asiduos e as orientacións dos libreiros, íamos descubrindo as nosas querencias cara a un ou outro autor. Unha mágoa que se fose esquecendo este xeito de comercio intelectual. Xa case non quedan eruditos na venda, e os escasos bibliófilos que agochan o seu saber tralo mostrador son unha especie en extinción.
Hoxe as compras pola internet ou a inercia de escoller unha lectura mentres mercas o deterxente nunha grande superficie, remataron co pracer desas pequenas tertulias literarias. O conto é que cando quedo orfo de libro sigo recurrindo a eses espazos máxicos para atopar un sustituto vivo que pousar nas mans; alí fago algunha observación sobre os textos que vou rematando e mergúllome nas novidades lendo anacos das obras, nunca a sinopse, e de cando en vez pido que me fagan algunha suxestión.
Velaí “Izan o da saca“, a derradeira sorpresa. Un libro de Xabier Quiroga dos que non che deixan parar de ler, adictivo dende a primeira páxina, cun ritmo trepidante e persoaxes sedutores. Estou convencido de que o detetive-taxista “Reiniña” vaise converter nun referente da literatura galega, un descubrimento na liña de Anibal C. Malvar, Domingo Villar ou Suso de Toro… e abrindo un pouco a xeografía, o Eduardo Mendoza patrio.
Pedazo de novela chea de humor, intriga e compromiso, baseada nunha investigación a prol da presenza nazi na Galiza da posguerra, Xabier creou unha fascinante “pseudonegra” de lectura obrigada. Moi recomendable.
De seguido, podedes ver en vídeo, un roteiro pola zona onde transcorre a novela.






Foi escrito por
Quedeime ancorado en “La vida en las ventanas”, non volvín a
“Os fillos do mar” é a ópera prima de Pedro Feijoo, a súa primeira edición tivo a súa enxundia ao producir un conflito entre os malvados críticos e os compracentes lectores, que pasaron por riba da erudición literaria sen contemplacións, chegando a convertelo nun éxito brutal con 8 edicións entre 2012 e 2015. Non é que sexa unha magnífica novela, pero se consegues pasar as cen primeiras páxinas, que se fan algo tediosas, atópaste cun thriller mistura de novela histórica, suspense e mesmo unha aventura de piratas que te transporta á candidez lectora dos dezaseis anos, onde perdoabas calquera falliño se viña impregnado de divertimento. Non é ningunha sorpresa que se convertira nun libro insignia para o fomento da lectura entre os máis novos. A min fixome lembrar unha das travesías pola costa da morte, na compaña dun lobo de mar que ía relatando na viaxe vellas historias dos innumerábeis naufraxios que aconteceron por mor desas agullas do diaño que fenderon o bandullo de centos de embarcacións nas costas galegas, aínda hoxe, eses baixos agochan algúns pecios que seguen sendo obxecto de desexo para os novos piratas do mar.
“Os fillos do lume” é a secuela de “Os fillos do mar” e tenme toda a pinta de ir rachar novamente no mercado editorial, outra novela negra dunha inxenuidade adolescente que, sen dúbida, fará furor nos institutos. Detrás dun traballo de investigación aprol da reconquista viguesa Feijoo constrúe unha nova trama de intriga coas persoaxes do arquitecto Simón, a historiadora Mariña e o inspector Bruno como protagonistas. Outra novela de lectura doada, sen complicacións narrativas e dirixida con toda a intención aos lectores noveles. Arrasará.
Os contos son transmisores da cultura, agochan o sentido da ética e da moral e provocan pensamentos automáticos que contribúen a asentaren atitudes dunha xeración a outra. Moitos dos estereotipos son inoculados a través de relatos e filmes infantís cunha falsa apariencia de inocuidade.
Xa hai anos leín “







Comentarios recentes