O IES “Lucus Augusti” é o centro de ensino secundario máis antigo de Galiza e un dos 10 máis antigos do estado. Posúe un importante patrimonio bibliográfico e material que pretendemos vexa a luz para proveito da comunidade.
Por iso, dende esta páxina colgarán múltiples achegas que son parte importante dese patrimonio e que vai sendo recuperado e exposto virtualmente, polo seu profesorado, nun traballo colaborativo.
Todo este material está baixo a licencia 4.0 das Creative Commons. Se queres saber máis sobre a licencia, preme na imaxe.
- Revista “Las nacionalidades” (1880-1882)
- Atlas portátil “Justus Perthes” (1920)
- Geografía. Curso preparatorio de Bruño (1921)
Comentarios recentes