Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Departamento de Filosofía

V CONCURSO DE ENSAIO

Como xa é tradicional, o Departamento de Filosofía do IES Lucus Augusti, convoca o Concurso de Ensaio que xa vai pola 5ª edición e, desta volta, nas modalidades de Artigo e Banda Deseñada.

Argumento: Óese falar de “sociedade da información”, é unha calificación veraz? É máis un desexo que unha realidade? Unha expectativa que se está a cumprir? Podemos confiar na verdade do que vemos? Ou do que oímos que din? Relacionámonos mellor grazas ás redes sociais? É a IA unha ferramenta de coñecemento, ou é algo máis? Interrogantes como estes e outros moitos caben dentro dunha reflexión sobre a revolución dixital, internet, as redes sociais e os seus efectos sobre a sociedade e o ser humano.

BASES do V Premio de Ensaio:

    1. Poderase presentar alumnado de Bacharelato do IES Lucus Augusti. 

    2. Artigo e texto da viñeta poderán estar escritos en lingua galega ou castelá. 

    3. A extensión será entre 4.000 e 8.000 caracteres, espazos incluídos. O artigo asinarase con pseudónimo. Entregarase un exemplar na conserxería do instituto en sobre pechado tamaño A4, no que figure modalidade (artigo ou viñeta), pseudónimo e título. Dentro do sobre incluirase outro máis pequeno, co nome e apelidos do/da participante, curso e grupo.

    4. O prazo de presentación será ata o día 22 de marzo de 2024. 

    5. O xurado estará formado por profesorado do Departamento de Filosofía e Debuxo e os editores da revista “Hechos mínimos”. 

    6. O xurado valorará especialmente a orixinalidade do enfoque e capacidade crítica, ademais da corrección formal (de artigo e viñeta). 

    7. Os premios consistirán no seguinte: 

1º premio: publicación de artigo e viñeta na revista cultural Hechos Mínimos de Lugo, diploma e cheque por valor de 50€ en cada modalidade. 

2º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 30€ 

3º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 20€ 

IV Premio de Ensaio

Como vén sendo tradicional, convócase polo departamento de Filosofía do IES lucus Augusti e pola Biblioteca, a IV edición do premio de Ensaio con arreglo as bases que se indican no cartel que se achega e das que destacamos as máis importantes:

IV Premio de Ensaio
  • O tema desta volta vai sobre: A paz despois da guerra; e consta de dúas quendas nas que se pode participar: ou ben artigo ou ben unha viñeta de Banda Deseñada.
  • A convocatoria é, exclusivamente, para o alumnado de Bacharelato e pode realizarse en galego como en castelán.
  • A extensión debe estar entre 4.000 e 8.000 caracteres, espazos incluídos e prazo de presentación remata o 24 de marzo de 2023.
  • Os premios serán os seguintes: para o 1º un diploma e unha asignación económica e a publicación do ensaio na revista “Hechos mínimos”. Para o segundo e o terceiro, serrán un obsequio e un diploma en cada caso.
  • Ánimo e a participar.

II PREMIO DE ENSAIO FILOSÓFICO

Xa temos a resolución do II Premio de Ensaio Filosófico. O pasado 30 de abril de 2021, reuniuse o xurado composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía e Orientación, representación do alumnado e redactores da revista colaboradora “Hechos Mínimos” para dictaminar o resultado final que se pode ver na seguinte ligazón.

Aula de poesía

O Departamento de Filosofía, organiza para o vindeiro 22 de outubro, o recital “Poesía no camiño“, que se ha celebrar no noso centro, no Salón de actos de 11:45 a 13:25, especialmente adicado para o 1ºBAC de Humanidades de Ciencias Sociais.

A experiencia ten como obxectivo recuperar influencias coma a lírica provenzal e a mística sufí que chegaron as nosas terras polos Camiños, recuperar o ámbito mítico, esa xeografía soñada do país que imaxinou Uxío Novoneyra. Ademais de reactivar a temática xacobea trátase tamén de achegar ao alumnado ao feito poético en vivo.

O proxecto, organizado pola Fundación Uxío Novoneyra forma parte da programación O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia e ten como obxectivo recuperar a memoria das referencias e influencias da temática xacobea na poesía actual, seguindo a ruta do libro “Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago (Ámbito Mítico)”. 

Trátase dunha experiencia de escrita itinerante no que participan os poetas Grace Wells, Demián Rabilero, Tálata Rodríguez, Diego Horchowski, Fátima N. Delgado y María Luiza Fernandes da Silva, procedentes de Irlanda, Cuba, Colombia, Arxentina, Galicia e Brasil, respectivamente.

VIAXE A ATAPUERCA – Alumnos/as de 1º de BAC

atapuerca

 

 


 

Os alumnos de 1º de BAC viaxaron os días 20 e 21 de marzo a Burgos para visitar Atapuerca, nunha saída organizada polo Departamento de Filosofía.

O primeiro día coñeceron León, Carrión dos Condes e a cidade de Burgos onde pernoctaron. O día 21 estivo adicado á visita do Museo da Evolución Humana para, de seguido, proceder ao obxectivo principal da viaxe: a visita ao xacemento de Atapuerca.

Ao remate desta visita tocou o intre de retornar ao punto de partida. Noraboa a tódolos rapaces e rapazas polo seu comportamento.

Para ve-las fotos da saída, preme aquí ou sobre a imaxe.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz