
Paul Watzlawick, psicólogo coautor da “Teoría da comunicación humana” e un dos meus gurús, escribiu algo tan simple como: “A realidade non existe, é un constructo hipotético”. Esta afirmación axiomática é a pedra angular do relativismo, o todopoderoso e omniscente saber científico non é máis que unha quimera subiugante que, fundamentalmente dende o século XIX, coloniza a adquisición de coñecemento impoñendo unha ditadura sen precedentes na historia da humanidade.
“As mentiras científicas sobre a muller” é unha reflexión alternativa á autocracia androcéntrica, creada perversamente sobre unha cultura hexemónica machista que despreza sistematicamente á muller e instrumentalízaa como obxecto de desexo e reprodución. Non é unha lectura de divertimento, trátase dun traballo de investigación que analiza o vergoñante tratamento que, dende o “incuestionable” paradigma positivista, estáse a facer coa muller. Dende a antropoloxía, a etología, a socioloxía, a menciña… Dauder e Sedeño van desenmascarando falsidades “científicas” que responden a intereses económicos e de perpetuación de roles de poder masculinos, tan daniños para o gineceo que resulta bochornosa a súa lectura. Coñecía superficialmente moitos datos: a inconsistencia do manual estatístico dos trastornos mentais e o seu recalcitrante tratamento das “patoloxías” sexuais e de xénero, o engano acerca das vacinas do VPH (Virus do Papiloma Humano), a vergoñosa implantación de métodos anticonceptivos baseados na abolición do ciclo menstrual… En fin, que se este libro non serve, non xa para sensibilizar senón para mobilizar a xente, apaga e imos.




Debo ser un progue con estudos universitarios porque, aínda que non teño querencia pola hiperglucemia, os caramelos de
Boa novela de
Quedeime ancorado en “La vida en las ventanas”, non volvín a
Hai pouco tempo conversaba cun amigo sobor da degradación do sistema educativo, a perversidade política que o afasta da igualdade e a inclusividade, o inmobilismo con cheiro a rancio do profesorado, a ausencia de implicación das familias… mil razóns coas que pretendía argumentar a debacle da educación pública; el limitou a responsabilidade ao alumnado. Se cadra sobran razóns para xustificar ese adoceamento bovino, as novas tecnoloxías, o alonxamento académico dos seus propios intereses, ata aqueles máis sociais que parecen ser tamizados polo filtro da productividade e que os afastan de calquera expectativa de intelectualidade, se cadra esa “obxección” converteuse na resposta silenciosa e agresiva fronte a un modelo triste, obsoleto e irracional.
Bo debut de 







Comentarios recentes