
O vindeiro xoves 11 de abril de 2019 ás 19:30 o Salón de actos do IES Lucus Augusti acollerá a presentación dos libros:
“Golpistas e verdugos de 1936“: Como foron fusiladas autoridades civís, militares, policiais e administrativas sen que imaxinasen que ían ser executadas, porque esa posibilidade non formaba parte do seu mundo, nin da súa experiencia vital e política.
“Historia de la guerra civil contada por dos hermanas“: Carlota e Fernanda García do Real son as autoras deste libro. Dúas irmás na Guerra civil, cada unha sorprendida nunha zona diferente. Ambas escribiron as súas experiencias do golpe de estado de xullo, da guerra de 1936-1939 e do impacto que causou nas súas vidas.
Participarán:
Ana Cabana Iglesia. Doutora en Historia Contemporánea
Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea
Henrique Hervés Sayar. Profesor de Historia do IES Lucus Augusti












Definitivamente non teño a cabeza para ensaios, “Ler con nenos” é un derroche de intelectualidade comprimida que require relecturas sistemáticas de cada parágrafo. Agochando unha apoloxía da lectura, entre contos, Santiago Alba Rico exerce unha intervención cirúrxica dos textos diseccionando o ben e o mal, o amor, os victoriosos e os derrotados, os nenos, as nais, o corpo, a imaxen (alma)… Un cerebro bestial ao servizo da filosofía que precisa tempo, moito tempo, para conseguer deglutir as súas producións. Cada libro ten o seu momento, ou cada momento ten o seu libro, falloume esa conxunción e entrei en barrena cara un abismo escuro e densísimo que casi me asfixia, pero resulta unha morte placenteira o deixarse estrangular polas abigarradas mans das páxinas. Que trampas agochan os títulos e que perversas son algunhas amizades cando suxestionan lecturas tan demoledoras.












Comentarios recentes