Recientemente comezaron a escribir de forma conxunta dúas novas colaboradoras: Io Blanco Pousada e Aroa Andrés Merino. Á vista do seu bon facer augurámoslle a ambas a realización de grandes e fermosos traballos literarios.
Etiqueta: colaboracións
Sandra González Troyano, alumna de 2º C de ESO inicia a súa colaboración no noso bloque cun poema titulado “Lo que mi Voz Guarda”. Moito ánimo a esta nova e prometedora escritora.
No apartado de COLABORACIÓNS, podedes seguir co novo capítulo de “El verdadero corazón de Ninfa“. Este xa é o 12.
Vimos de pulbicar o capítulo 11 da narración de Laura Fernández Pardo. Coma sempre pódelo atopar no apartado de COLABORACIÓNS.
Semella que algo pasa no instituto. O curso pasado dúas rapazas facíannos partícipes dos seus relatos. Este curso, comezámolo coa incorporación dun rapaz e, de novo, hoxe, presentamos tres rapazas máis que son vítimas do virus do gusto polas narracións.
Tedes, no apartado de COLABORACIÓNS, o traballo das tres novas autoras, o cal esperamos que teñan continuidade. Son: Claudia Rico Echegaray, que nos ha contar as “Memorias de un gato“, Irene Maseda Neira, que irá escribindo “Pesadilla o realidad“e Nuria Gómez Muiña, qu principia o su relato titulado “Munchausen”.
Ánimo, e que sexa pracenteiro e gorentoso.
Hoxe publicamos a primeira composición dun novo colaborador. Trátase de Jorge Coria que fai unha narración futurista con imaxe incluída. Podedes atopala no menú da parte superior denominado COLABORACIÓNS. Que vos parece? Esperamos opinións.
Velaí xa temos a primeira colaboración. Trátase dun relato escrito por unha compañeira do Centro. A ver que vos parece. E ánimo que precisamos tamén de críticas das lecturas ou das películas que teñades lido ou visto recentemente.
[kml_flashembed movie="" width="500" height="700" wmode="transparent" /]
Comentarios recentes