A piques de rematarmos xa as clases, deseñamos esta nova Guía de Lecturas con recomendacións para o verán.
Como veredes hai un pouco de todo. Dende libros de ficción (“Cuatro“, da serie Diverxente), até obras que tocan a divulgación científica (“O científico que derrotou a Hitler), e dende a Banda Deseñada actual (A vitoria final) até outro tipo de ficción aparentemente máis infantil (Mortadelo ou a Historia de aquí de Forges). Tamén hai sitio para outra triloxía xuvenil, a coñecida Ámote Leo de Rosa Aneiros, e tamén para a serie negra do país (a continuación dunha das lecturas obrigatorias de galego: A praia dos afogados, unha nova aventura de Leo Caldas, escrita por Domingo Villar), e para unha autobiografía novelada sobre “O Piloto“, o derradeiro dos maquis/guerrilleiros mortos en todo o estado. Para rematar dous libros de lucenses: por unha banda, unha das nosas debilidades, o último libro do lucense Miguel Anxo Murado –La invención del pasado-, que sirve para desvelar algunhas das fantasías históricas que se espallan e son admitidas como verdade universal e pola otra, unha novela ambientada na antiga Lucus Augusti –Las hijas del César-, que vén moito a conto agora que falta pouco para o “Arde Lucus”.
Aquí queda o tríptico (non hai máis que premer na imaxe da galería onde está o selo da Biblioteca) por se queredes botarlle unha ollada e, coma sempre, tódalas obras están no noso expositor.
-
-
A aventura de Mortadelo e Filemón c ome z a c a n d o o r e s p o n s a b l e d e economía do goberno quere dispor de diñeiro para gastos varios e descobre, arrepiado, que alguén roubou os fondos da tesouraría do Partido Papilar.
-
-
Mal de linguas c o n s t i t ú e u n h a d e n u n c i a d o s p r e x u í z o s q u e a m e a z a n a c o m p l e x i d a d e lingüística do noso mundo.
-
-
Lo más de la historia de aquí aproxímanos -de forma sintética, amena e rigorosa- ao noso pasado dende o humor.
-
-
Lo más de la historia de aquí aproxímanos -de forma sintética, amena e rigorosa- ao noso pasado dende o humor.
-
-
Unha aventura trepidante que atrapa no centro do furacán da súa propia historia a Livia, Loberia e Dunia. Elas, chegan a Lucus Augusti, a actual Lugo, para levar a cabo unha perigosa misión.
-
-
A historia non é un bo argumento para discutir sobre o presente. Iso é o que este libro trata de demostrar revisando os mitos que compoñen a h i s t o r i a p o p u l a r d e España: canto hai de ficción e canto de verdade.
-
-
“O científico que derrotou a Hitler e outros ensaios sobre Historia da Ciencia” é un magnífico libro que combina o rigor científico e historiográfico cun estilo narrativo que atrapa, desde a primeira, páxina ao lector.
-
-
https://bibliolucus.files.wordpress.com/2015/06/trc3adtico-vacacions-veran-eu.pdf
-
-
As catro pezas incluídas en CUATRO (A transferencia, O iniciado, O fillo, O traidor e tres escenas adicionais) darán aos lectores da serie Diverxente, a mirada do popular Tobías sobre distintos momentos únicos na épica triloxía.
-
-
Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir dela tamén ou marchar soa.
-
-
A tenente Sigrid Frisch devece polos cómics. Leos na comisaría de policía. Xusto cando está a ler o clásico que conta como gañou Alemaña a II Guerra Mundial, recibe o aviso de que uns cativos veñen de atopar un cadáver.
-
-
Do autor de “Ollos de auga”, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. A novela parte dun descubrimento estarrecedor.
-
-
O Piloto, o último guerrilleiro, convértese en mito por ser o d e r r a d e i r o d o s guerrilleiros da Guerra Civil morto en combate. P r o d u c i u s e e n Chantada en 1965. Aquí podemos ler unha biografía novelada.
Comentarios recentes