De novo, traemos unha reseña dun libro para ampliar o noso “Club de Lectura“, por parte dunha compañeira do instituto. O libro é a segunda parte da coñecida triloxía de Rosa Aneiros “Ámote Leo A.”, e que leva como subtítulo “Estación de Tránsito”, no que continúan as aventuras de Leo.
Se hai poucos días facía unha valoración da primeira parte de “Ámote Leo A.“,desta volta, Laura Fernández Pardo (2ºESO-C), preséntanos a segunda parte por medio dunha video reseña. E, como indica no vídeo, xa está a ler a terceira.
Agradecémoslle a iniciativa e o esforzo, e vola presentamos para ver que vos parece…; nós coidamos que ten moito mérito.
Deixa unha resposta