Velaí xa temos o vídeo con fotos da charla-presentación do libro no que se facía referencia ao Campo de Concentración de Figueras. Nel podemos ver parte da presentación por parte do profesor Gaspar Méndez e diversas imaxes do momento.
Categoría: Clube de Lectura (Páxina 1 de 3)
O vindeiro xoves día 28, ás 19’30 h. vaise celebrar no Salón de actos do noso instituto a presentación do libro “Memoria de Arnao“. Contará coa presenza do autor Francisco García Rodríguez e intervirá tamén Helena González Vázquez.
O libro, que ten como subtítulo “Campo de concentración de Figueras”, relata as circunstancias do campo de concentración no concello de Castropol, Asturias (ao outro lado da raia de Ribadeo), presenta gran cantidade de documentos inéditos e comentará múltiples feitos relacionados co pasado relacionado coa Guerra Civil e a postguerra na zona.
Paul Watzlawick, psicólogo coautor da “Teoría da comunicación humana” e un dos meus gurús, escribiu algo tan simple como: “A realidade non existe, é un constructo hipotético”. Esta afirmación axiomática é a pedra angular do relativismo, o todopoderoso e omniscente saber científico non é máis que unha quimera subiugante que, fundamentalmente dende o século XIX, coloniza a adquisición de coñecemento impoñendo unha ditadura sen precedentes na historia da humanidade.
“As mentiras científicas sobre a muller” é unha reflexión alternativa á autocracia androcéntrica, creada perversamente sobre unha cultura hexemónica machista que despreza sistematicamente á muller e instrumentalízaa como obxecto de desexo e reprodución. Non é unha lectura de divertimento, trátase dun traballo de investigación que analiza o vergoñante tratamento que, dende o “incuestionable” paradigma positivista, estáse a facer coa muller. Dende a antropoloxía, a etología, a socioloxía, a menciña… Dauder e Sedeño van desenmascarando falsidades “científicas” que responden a intereses económicos e de perpetuación de roles de poder masculinos, tan daniños para o gineceo que resulta bochornosa a súa lectura. Coñecía superficialmente moitos datos: a inconsistencia do manual estatístico dos trastornos mentais e o seu recalcitrante tratamento das “patoloxías” sexuais e de xénero, o engano acerca das vacinas do VPH (Virus do Papiloma Humano), a vergoñosa implantación de métodos anticonceptivos baseados na abolición do ciclo menstrual… En fin, que se este libro non serve, non xa para sensibilizar senón para mobilizar a xente, apaga e imos.
Quedei ancorado no libro “La vida en las ventanas“, non volvín a Andrés Neuman ata esta “Fractura” e laméntoo, sempre se cruzan lecturas entre desexos e vas abandonando promesas de reencontros que no meu caso quedan nunha listaxe virtual que xamais terei tempo para baleirala. Neuman é un grandísimo narrador e a súa última obra é un xogo entre a novela e o xornalismo reivindicativo, un manifesto antinuclear agochado na historia dun sobrevivinte de Hiroshima e os relatos en primeira persoa de 4 mulleres en 4 cidades que compartiron distintos momentos da súa vida, un trenzado sociocultural que xoga coas sutilezas da comunicación humana a través da linguaxe.
De cada libro quédame un recordo, polo menos un, se non me ocorre é que pasou pola miña vida como os centos de persoas coas que me cruzo cada día, obsérvoas pero non as inclúo nos meus recordos. De “Fractura” quedarame un concepto, a palabra á miña idade estou seguro de que se desvanecerá, o ” Kintsugi“, unha arte xaponesa que reconstrúe pezas rotas facendo visibles as súas gretas con láminas de ouro, unha metáfora da vida que se destrúe e recompón nunha sinusoide ineludible, algunhas persoas empéñanse en disimular as cachizas que conforman a súa historia, cando o verdadeiramente belo é mostralas como cegadoras fracturas. Eu polo menos son un home roto en mil pedazos, un kintsugi.
En outubro de 2018 faleceu Arto Paasilinna, escritor finés do que se dixo fora o inventor do “humor negro ecolóxico”.
Eu estreneime na súa obra co “O muiñeiro ouveador“, maxistralmente traducida ao galego por Tomás González Ahola. Unha boísima elección porque a historia ben podería estar contextualizada na Galiza de mediados do século XX. Un conto fermoso no que a tolemia é cuestionada dun xeito intelixente ao confrontar os valores urbáns coa natureza, un alegato panteìsta cheo de graza e dramatismo. Moi recomendable.
Oito anos demorou Domingo Villar a terceira entrega das andainas do inspector Leo Caldas. “O último barco” son 800 páxinas de novela policial made in Galiza, unha “negra” de estrutura clásica que consegue manter a incertidume ata a derradeira liña. Gostara do debut con “Ollos de auga” e defraudome “A praia dos afogados” (sen mencionar a nefasta adaptación cinematográfica que fixeron dela) pero hai que recoñecer que este traballo, rumiando na pescuda dunha muller desaparecida en Moaña, está moi ben artellado. Lectura de entretenimento moi recomendable.
Para os/as incondicionais de Villar, que se contan por milleiros, imprescindible.
Debo ser un progue con estudos universitarios porque, aínda que non teño querencia pola hiperglucemia, os caramelos de Baricco (“Seda” incluída) gústanme.
“Mr. Gwyn” é outro conto fermoso sobre o oficio da escritura, este home inventouse un estilo narrativo que lle funciona dun xeito espectacular, ata os seus detractores o len. Non é para prodigarse coa súa obra pero… cada certo tempo un bombón senta como dios.
Cando xa non queda case nada para ir rematando o curso presentamos unhas reseñas realizadas por alumnos e alumnas de 1º ESO C e D sobre algunhas das obras lidas por eles nas que o tema era a Bioloxía.
Paula Piñeiro
Este es un bestiario de animales fantásticos elaborado por Newt Scamander, recoge todas las criaturas fantásticas conocidas de la A a la Z, con descripciones, clasificaciones, datos… Aquí se puede encontrar desde las características de la alimentación del fénix hasta el misterio del monstruo del lago Ness.
Iria Fernández Fernández (1ºESO-D)
Este libro intenta acercarse ó mundo da posguerra, poñendo en evidencia a desigualdade social. Fala dun bandido chamado Fendetestas ao que lle vai moi ben no seu novo oficio, ata que aparece no bosque Fiz de Cotovelo, un fantasma que espanta a todo aquel que pasa por alí, e cámbiao todo.
Ofrece ademais nela unha profunda reflexión sobre a conservación dos valores da vida natural, destacando a sensibilidade ecoloxista e a vida labrega, engadindo un pouco de fantasía de cando en vez.
Victoria Oropeza (1ºESO-D)
Se te dixeran que a árbore máis pequena mide 6 centímetros ou que a andoriña voa 19000 quilómetros dúas veces ao ano, sorprenderíaste? Se queres descubrir máis marabillas sobre o mundo que habitamos achégate a “Natureza Extrema”. Os seus 101 récords móstranche os datos máis rechamantes das plantas e dos animais que poboan o noso planeta; tamén presenta os fenómenos naturais máis extremos e potentes, como os furacáns ou os tornados.
Carla Otero Lorenzo (1º ESO-C)
En diciembre de 2006, Johan Tell decidió escribir “El huerto en un metro cuadrado”. El autor cuenta que aquella tarde se encontraba en su casa en Suecia admirando las flores de su jardín, cuando se dio cuenta que en su lugar debía haber una gran cantidad de nieve. Como él explica, el Calentamiento Global se produce por el efecto de invernadero, y éste, a su vez, sucede por las emisiones de dióxido de carbono. Casi todas las actividades que realiza el ser humano conllevan la emisión de este dañino gas. La lucha contra el Calentamiento Global es un problema de TODOS, y debemos participar contribuyendo con pequeños gestos cotidianos.
El calentamiento global está llegando a unos topes insostenibles, pero esto no puede hacernos caer en el pesimismo, todavía hay escasa o mala información y poca cultura ecológica, y eso si, mucha afán consumista sin mirar por el planeta. El hecho de adquirir hábitos responsables en nuestros hogares es un factor clave a la hora de lograr un futuro más sostenible, el 33% de la energía del planeta y el 10% de agua disponible se consume de los hogares.
Sergio Gómez Dorado (1ºESO-C)
Este atlas pretende sintetizar los avances científicos, técnicos o culturales, así como los descubrimientos geográficos que han influido de manera decisiva en la evolución de la humanidad. No se trata tanto de complacerse en el progreso científico o geográfico como de analizar la incidencia de estos éxitos en cada momento histórico y su influencia en el desarrollo general del mundo. Los temas, los cuales han sido tratados con rigor y claridad para que puedan servir a los estudiantes y el público en general tanto de consulta como de lectura, hacen hincapié en los aspectos más relevantes de cada evento.
Cando era novo non existían as redes sociais para establecer un nexo virtual entre lectores, a libraría era un punto de encontro indispensábel para ir artellando os gostos literarios. Coa axuda dos asiduos e as orientacións dos libreiros, íamos descubrindo as nosas querencias cara a un ou outro autor. Unha mágoa que se fose esquecendo este xeito de comercio intelectual. Xa case non quedan eruditos na venda, e os escasos bibliófilos que agochan o seu saber tralo mostrador son unha especie en extinción.
Hoxe as compras pola internet ou a inercia de escoller unha lectura mentres mercas o deterxente nunha grande superficie, remataron co pracer desas pequenas tertulias literarias. O conto é que cando quedo orfo de libro sigo recurrindo a eses espazos máxicos para atopar un sustituto vivo que pousar nas mans; alí fago algunha observación sobre os textos que vou rematando e mergúllome nas novidades lendo anacos das obras, nunca a sinopse, e de cando en vez pido que me fagan algunha suxestión.
Velaí “Izan o da saca“, a derradeira sorpresa. Un libro de Xabier Quiroga dos que non che deixan parar de ler, adictivo dende a primeira páxina, cun ritmo trepidante e persoaxes sedutores. Estou convencido de que o detetive-taxista “Reiniña” vaise converter nun referente da literatura galega, un descubrimento na liña de Anibal C. Malvar, Domingo Villar ou Suso de Toro… e abrindo un pouco a xeografía, o Eduardo Mendoza patrio.
Pedazo de novela chea de humor, intriga e compromiso, baseada nunha investigación a prol da presenza nazi na Galiza da posguerra, Xabier creou unha fascinante “pseudonegra” de lectura obrigada. Moi recomendable.
De seguido, podedes ver en vídeo, un roteiro pola zona onde transcorre a novela.
Quedeime ancorado en “La vida en las ventanas”, non volvín a Andrés Neuman ata esta “Fractura” e laméntoo, sempre se cruzan lecturas entre desexos e vas abandoando promesas de reencontros, que no meu caso quédanse nun listado virtual que xamais terei tempo para baleirar.
Neuman é un grandísimo narrador e a súa última obra é un xogo entre a novela e o xornalismo reivindicativo, un manifesto antinuclear agochado na historia dun supervivinte de Hiroshima e os relatos en primeira persoa de 4 mulleres en 4 cidades que compartiron distintos momentos da súa vida, un trenzado sociocultural que xoga coas sutilezas da comunicación humana a través da linguaxe.
De cada libro quédame unha lembranza, cando menos unha, se isto non ocorre é que pasou pola miña vida como os centos de persoas coas que me cruzo cada día, obsérvoas pero non as inclúo nos meus recordos. De “Fractura” quedarame un concepto, a palabra á miña idade estou seguro de que se desvanecerá, o “Kintsugi”, unha arte xaponesa que reconstrúe pezas rotas facendo visibles as súas fendas con láminas de ouro, unha metáfora da vida que se destrúe e recompón nunha sinusoide ineludible, algunhas persoas empéñanse en disimular os anacos que conforman a súa historia, cando o verdadeiramente fermoso é mostralos como deslumbrantes fracturas. Eu son un home roto en mil pedazos, un kintsugi.
Comentarios recentes