O IES Lucus Augusti, por iniciativa do Departamento de Lingua e Literatura Castelá, coa colaboración do Equipo da Biblioteca do centro organiza unha exposición sobre o dramaturgo Antonio Buero Vallejo, titulada “El hombre y su obra, 1916-2016”, que xa está disposta no vestíbulo do noso centro, e coa que pretendemos apoiar a conmemoración do centenario do seu nacemento.
Témoslle que agradecer a outro dos Institutos Históricos, o IES histórico de Guadalajara “Brianda de Mendoza”, e ao seu Director D. Juan Leal por facilitármonos copia de gran parte da documentación exposta sobre Buero Vallejo, que pertence ao seu Arquivo Histórico.
Igualmente, ofrecemos a posibilidade de ver o catálogo virtual de gran parte da Exposición premendo no cartel coa imaxe de Buero Vallejo.
Deixa unha resposta