Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Curso 2013-2014 (Páxina 2 de 4)

Semana da Prensa 2014

Recén rematado o mes de marzo, xa temos por fin, o video sobre a actividade levada a cabo durante a “Semana da Prensa”. Coma tódolos anos, o nivel escolleito foi 3º da ESO. Eles estudaron os medios de comunicación, prestando especial atención á prensa escrita, seleccionaron noticias, colocáronnas nos blogues de Lingua Castelá, e fixeron comentarios.  E de novo puidemos contar coa amable colaboración de José Manuel Freire, Redactor-Xefe de “El Progreso” que solventou gran parte das dúbidas e conferenciou sobre o papel da prensa e a relación coa Biblioteca Escolar, e tamén sobre como se condecciona un periódico na era dixital.

Nesta ocasión, como circunstancia curiosa, tamén participaron uns alumnos daneses que estaban de intercambio no noso centro devolvendo a visita que outros alumnos fixeran aló en setembro. Seguro que seguirán dende Roskilde a publicación do vídeo que testemuña a experiencia e lembrarán as experiencias nesta cidade e no instituto.

E sen máis demora aquí está.

Conversa con Arcadio López Casanova

O poeta lucense, residente en Valencia, Arcadio López Casanova ingresou a comezos do novembro pasado como membro honorario da Real Academia Galega. Aproveitando a viaxe, áos poucos días, accedeu facer unha visita ao noso Centro, para lembrar aqueles tempos e aqueles aularios onde fora alumno e posteriormente profesor. Foi unha visita emotiva, na que se pretendía render unha pequena homenaxe a tan insigne autor. Amablemente, tamén accedeu a manter unha pequena charla informal con alumnos de 2ºBAC que, previamente, tiñan lido unha pequena escolma da súa obra.

Daquela. o xornal “El Progreso”, tamén se facía eco da xuntanza cun bonito titular: “A literatura visita viaxa aos institutos“.

Arcadio López Casanova

Charla de Arcadio López Casanova na Biblioteca do IES “Lucus Augusti” con algúns alumnos.

Aquí temos a grabación do momento, na que nos conta as súas impresións ao ver de novo o ambiente do instituto, e as súas opinións sobre o poético. Tamén participan na introdución e, despois, no turno de palabra, varios profesores, e amigos, que contribuíron a un momento distendido e agradable no que o alumnado tamén participou coas súas preguntas. Dado que é un documento duns 50 minutos, pode ser que tarde algo en cargar, pero queda aquí, para que todos o poidamos disfrutar.

As mulleres tamén pintan

Nestes días conmemoramos o Día Internacional da Muller coa exposición titulada “As mulleres tamén pintan” que se pode ver en todo o vestíbulo. Aparecen as paredes e as columnas cheos de cadros realizados por mulleres artistas que non sempre tiveron nen a mesma difusión, nin tampouco a mesma relevancia que os artistas homes. Pero tamén as hai. Aínda que por distintas razóns quedaron nun segundo plano. Ás veces por seguir o desenvolvemente laboral do marido, ou pos atender na casa ou por ser mulleres.

Aquí presentamos un vídeo no que se recollen un feixe de mulleres artistas que, ademais, son galegas. Xunto cunhas pequenas notas biográficas, aparece tamén unha das súas obras máis ou menos representativas. Pode ser un bo principio para coñecermos máis sobre esta artistas.

15-M

Para conmemorar o 15-M, presentamos a seguinte recomendación, na que poderedes ver no folleto un pequeno comentario de 3 libros que, pensamos, son o suficientemente representativos do que supuxo o movemento e todo o que se está a producir neste período de crise. En primeiro lugar, un libro xa coñecido o “Indignádevos” de Stéphane Hessel, que deu nome ao movemento dos “indignados”. É un pequeno folleto no que se indica que a indignación é o paso previo para a demanda de xustiza e para que a poboación pule por reclamar os seus dereitos. Premendo no seu nome podes ver unha pequena reseña biográfica na Galipedia e tamén podes descargar a versión galega do folletiño.

Stephane Hessel

Stéphane Hessel (Fonte: Galipedia)

O segundo, “Reacciona“, é a resposta española a ese libriño. Unha morea de autores dende diversos campos -a política, a econñomía, o periodismo, a xustiza- comentan diversas causas que propiciaron a crise actual e as posibilidades de superala. E en terceiro lugar, “A la puta calle“. Con este rechamante título, Cristina Fallarás, periodista, que foi despedida do medio onde traballaba cando estaba no oitavo mes de embarazo e, como consecuencia, acabou perdendo a súa case e, sese libro, relata a crónica do seu desafiuzamento.

Cos tres libros, coidamos que estamos diante dunha interesante escolma.

15_M_1

2º Concurso de fotografía

Varios Departamentos do Centro (o de Bioloxía e Xeoloxía, o de Educación plástica e Visual e o de Xeografía e Historia) xunto coa Biblioteca convocan o 2º Concurso de Fotografía, no que pode participar todo o alumnado do Centro, tanto de diurno como de Adultos.

Cartel-concurso fotográfico

O resumo das bases é o seguinte: cada alumno (que debe ser o autor/a da fotografía) pode presentar un máximo de 2 fotografías relacionadas coas seguintes temáticas: Patrimonio Natural e/ou Patrimonio Histórico e Artístico da cidade de Lugo. As fotografías deben mandarse ao seguinte enderezo: concursofotoieslucus@gmail.com, e no envío debe aparecer os datos persoais do participante (nome e apelidos máis o curso).

O xurado valorará tanto a calidade coma a orixinalidade das fotografías, e estará composto por unha persoa dos 3 Departamentos, máis un membro do Equipo Directivo e un membro do Equipo da Biblioteca. A participación implica asumir as condicións da convocatoria e remata o 30 de Abril. As fotografías premiadas empregaranse na Revista do Centro e serán publicadas tamén no blogue da Biblioteca.

Se queres ver as bases completas podes premer aquí.

“O son da fala” – Manuel María

Aqui temos as fotos da participación de alumnos de 2º de BAC no programa de Radio LugoO son da fala“, do que xa déramos noticias anteriormente. Nesta ocasión desprazáronse ata o estudo para gravar un poema de Manuel María. En realidade, o desprazamento formaba parte dunha actividade na que tamén visitaron a Casa-Museo do poeta, finado en setembro fará 10 naos, en Outeiro de Rei.

E aquí vemos a visita na Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei

Entroido 2014

Fresquiño, fresquiño. Velaí tedes un vídeo coas fotos do desfile de onte no noso instituto. Como dicía o outro “podían ser máis pero non mellores, porque é imposible”. Agora toca pasalo ben no outro Entroido.

Presentación de “O agasallo de Anya”

Mándannos dende a Librería Biblos unha invitación, que compartimos, sobre a presentación do libro “O agasallo de Anya” de Sabela N. Singala pola Editorial Galaxia. A novela trata das diferentes vidas de dúas nenas duns 11 anos: Xiana (galega) e  Anya (que é ucraína). Tedes na seguinte ilustración a información da presentación do libro, e máis abaixo, ligazóns para ampliar a información.

CONVITE O AGASALLO DE ANYA

Se queres saber máis da novela, aquí tes o blogue sobre o libro, a páxina de Facebook, e información sobre o libro na editorial.

 

 

Visita de Jaureguízar

Recentemente, tivemos a visita do escritor Santiago Jaureguízar. No Salón de Actos estivo a falar, animadamente, sobre un dos seus libros titulado “Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo” (Xerais, 2013). Estivo ben e debeulles gustar porque no remate, asinaba libros coma se fora un artista pop.

Aquí podedes ver unha mostra do testemuño gráfico da charleta.

Morreu Adela Mirabal

En varias ocasión amosamos neste blogue entradas nas que se conmemoraba, no noso Centro, o “Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller“. Esa conmemoración converteuse en oficial pola ONU a partir de 1999. Así a partir dunha proposta da República Dominicana que contara co apoio inicial de 60 países, tódolos 25 de novembro, esa data que xa dende anos antes se celebraba en moitos países latinoamericanos pasa a ser unha data global. O motivo, xa o sabemos é unha homenaxe a 3 das Irmás Mirabal, que foran torturadas e asasinadas durante a ditadura de Leónidas Trujillo no país caribeño.

Comentamos o anterior porque o pasado día 1, morreu a última -a cuarta- das irmás Marabal, Bélgica Adela “Dedé” Mirabal. Así, o notifica un dos principais periódicos dominicanos “El día“, e faise eco da repercusión, que tivo no país, o suceso. A importancia das Mirabal para a República Dominicana é tan grande que xa apareceu, inmediatamente, unha pequena información na principal folla educativa do país (educando.edu.do) para que se traballe co alumnado e se lembre o seu exemplo de resistencia fronte ao ditador.

Aquí, pódese ver un pequeno documental duns 10 minutos no que se comenta a historia das “Tres mariposas” -así eran chamadas polos dominicanos- e o respeto que inspiran nos cidadáns dominicanos.,

« Entradas anteriores Entradas seguintes »

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz