Mándannos dende a Librería Biblos unha invitación, que compartimos, sobre a presentación do libro “O agasallo de Anya” de Sabela N. Singala pola Editorial Galaxia. A novela trata das diferentes vidas de dúas nenas duns 11 anos: Xiana (galega) e Anya (que é ucraína). Tedes na seguinte ilustración a información da presentación do libro, e máis abaixo, ligazóns para ampliar a información.
Se queres saber máis da novela, aquí tes o blogue sobre o libro, a páxina de Facebook, e información sobre o libro na editorial.
Please follow and like us:
Moitas grazas por esta entrada. Oxalá leades “O agasallo de Anya” e vos guste, encantaríame!!!