A piques de rematarmos xa as clases, deseñamos esta nova Guía de Lecturas con recomendacións para o verán. Por se queredes botarlle unha ollada, aquí queda o tríptico que xunto coas imaxes, leva unha pequena sinopse de cada obra (para descargalo, non hai máis que premer na imaxe seguinte) . E claro, coma sempre, tódalas obras están no noso expositor.
Desta volta, centrámonos en fondos fundamentalmente visuais e de lecer. Así a selección está dividida en 2 ámbitos: en primeiro lugar, a Banda Deseñada, tanto en galego coma en castelán e con obras que son adaptación de clásicos (La Guerra de Troya, El último mohicano), superheroes (Capitán Marvel ou Lobezno), autores galegos (Causas Nobres) adaptacións históricas (La balada del norte), ou algún e xemplo de Manga.
En segundo lugar, vídeo. Obras nominadas ou premiadas nos Goya (Vivir es fácil con los ojos cerrados, El Niño), nos Oscar (Selma), ou outras actuais dos máis diversos xéneros: adaptacións literarias (Insurgente), polémicas (The Interview), ou musicais (Los Miserables).
-
-
-
-
-
-
-
-
Vivir es fácil, con los ojos cerrados
-
-
Selma
-
-
Los miserables
-
-
-
-
El niño
-
-
Insurgente
Comentarios recentes