O vindeiro sábado 10 de marzo de 2018 vaise realizar o primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller que será realizado na cidade de Ourense en colaboración coa concellería de Igualdade da cidade.

Este evento é unha das actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia, que se cumpre tamén, curiosamente, o 8 de marzo.

Neste evento traballarase na creación, ampliación e mellora de artigos biográficos de mulleres destacadas na historia para mellorar e aumentar a súa visibilización na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Se queres participar, en directo acudindo a Ourense, ou virtualmente a través da rede, seguro que che ha gustar, tan só tes que premer no cartel anunciador para conseguires máis información.

Please follow and like us: