Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Rosalía

Día de Rosalía

Hoxe, Google tamén se apunta á conmemoración do Día de Rosalía co seu Doodle. Isto si que coloca a nosa lingua no mundo. Millóns e millóns de ordenadores de todo o planeta abren coa figura da nosa poetisa nacional. Hai que velo paara crelo! Hai futuro.

Día de Rosalía-II

Como xa indicáramos nunha nota anterior, e como conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o noso IES foi elixido pola Asociación de Escritores de Lingua Galega para a celebración deses actos na cidade de Lugo. Participaron os escritores Antonio Reigosa, que leu o manifeston Isidro Novo, Adela Figueroa -antiga profesora no Centro- e Manuel C. Matalobos e José Otero Canto, profesores, os dous en activo no noso IES, e que escribiron poemas para a ocasión.

No acto, tamén participaron alumnos de 4º da ESO e de 1º BAC, como Yelco, Blas ou Carmen, entre outros, que recitaron poemas de Rosalía preparados para esta celebración.

Aquí pódese unha pequena escolma de imaxes do acto.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/05/Rosalía_2012.swf” width=”450″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

 

 

 

24 de febreiro. Día de Rosalía

Rosalía

A proposta do Consello Asesor do Libro, órgano contemplado na Lei do Libro e da Lectura (2006),  marcouse a data do vindeiro 24 de febreiro como o DÍA de ROSALÍA, por ser o 175 aniversario do nacemento da nosa poetisa máis importante. É unha data importante para promover o interese pola nosa literatura e pola nosa lingua, que falta fai. Así, múltiples e variadas agrupacións de todo tipo -concellos, asociacións de escritores, bibliotecas escolares e bibliotecas públicas etc.- organizan diferentes eventos por todo o país.

De todas estas, destaca a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que anima nesta data a conmemorala mediante o agasallos dun libro en galego e flores. Quen sabe, se cadra comeza a ter pulo e chega a ser unha cita tan relevante coma a do día de San Xurxo para os cataláns.

Tamén o noso Centro fará súa a conmemoración. Así, como se ve no cartel, haberá ás 10’30 unha lectura pública no noso Salón de Actos.

 

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz