Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: RAG

Presentación dun poemario do presidente da RAG na Libraría Biblos

Ola a tod@s! O vindeiro xoves, día 23, na libraría Biblos e en colaboración coa editorial Xerais farase a presentación do libro de poesía de Xesús Alonso Montero (presidente da RAG): ” VERSOS DUN FISTOR REPUBLICANO, MARXISTA, ATEO E UN POUCO EPICÚREO”.

Contará na presentación coa inestimable presenza de Claudio Rodríguez Fer e tamén de Manuel Bragado, en representación da editorial Xerais, na que será seguro unha obra poética de referenza e lembranzas para moita xente.

Velaí téde-lo cartel do acto. presentacion-versos-dun-fistor-correo

 

Conversa con Arcadio López Casanova

O poeta lucense, residente en Valencia, Arcadio López Casanova ingresou a comezos do novembro pasado como membro honorario da Real Academia Galega. Aproveitando a viaxe, áos poucos días, accedeu facer unha visita ao noso Centro, para lembrar aqueles tempos e aqueles aularios onde fora alumno e posteriormente profesor. Foi unha visita emotiva, na que se pretendía render unha pequena homenaxe a tan insigne autor. Amablemente, tamén accedeu a manter unha pequena charla informal con alumnos de 2ºBAC que, previamente, tiñan lido unha pequena escolma da súa obra.

Daquela. o xornal “El Progreso”, tamén se facía eco da xuntanza cun bonito titular: “A literatura visita viaxa aos institutos“.

Arcadio López Casanova

Charla de Arcadio López Casanova na Biblioteca do IES “Lucus Augusti” con algúns alumnos.

Aquí temos a grabación do momento, na que nos conta as súas impresións ao ver de novo o ambiente do instituto, e as súas opinións sobre o poético. Tamén participan na introdución e, despois, no turno de palabra, varios profesores, e amigos, que contribuíron a un momento distendido e agradable no que o alumnado tamén participou coas súas preguntas. Dado que é un documento duns 50 minutos, pode ser que tarde algo en cargar, pero queda aquí, para que todos o poidamos disfrutar.

O neno can

 

Hoxe recomendamos esta obra que está no expositor de novidades. É un libro publicado pola Editorial Galaxia, e que foi escrito por Fina Casalderrey xunto con Francisco Castro, e ilustrado deliciosamente por Patricia Castelao.

Nel cóntannos diferentes historias que teñen un nexo común, que é o de pór nun primeiro plano os dereitos dos nenos e nenas doutras partes do planeta onde, ás veces, a expresión “dereitos humáns” non ten ningún significado.

Se isto non fora suficiente por si mesmo, tamén aproveitamos para felicitar á autora polo seu recente nomeamento como académica na Real Academia Galega, pois con ela entra tamén a relevancia que na nosa lingua ten a Literatura Infantil e Xuvenil.

Finalmente, aquí tedes un video da canle de TV “Espazo Lectura, no que os autores falan de como xermolou o proxecto de “O neno can“. Que o desfrutedes.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz