O vindeiro venres día 5 rematará a exposición en conmemoración do 25 de novembro. Foi moito o traballo e tamén os días de exposición e proveito que se tirou dela. Pero agora, para rematar, presentamos o vídeo que pecha tódalas actividades realizadas.
Aparece no vídeo todo un resumo das actividades realizadas nestes días. Por exemplo, a tea que une solidariedade e apoio contra o maltrato, e que se podía ver no teito do vestíbulo (aquí pódese ver un carrusel con parte do proceso de entretecido e colocación). Tranqui. Tarda un pouquiño en cargar, pero carga.
Mención a parte merece a colaxe en lenzo realizada, expresamente para a exposición, por Obed –un noso alumno de 1º de BAC– que serviu como cartel anunciador da exposición, que se pode ver a continuación.
Tamén hai que mencionar a escolma das láminas da presentación publicada en días anteriores e das mensaxes colocadas por toda a exposición. Ou as fotos que tiramos do libro de Gervasio Sánchez, “Mujeres women: Afganistán” e que empregamos para amosar e complementar a situación da muller noutras áreas xeográficas, neste caso adicado a Afganistán.
Esperamos que vos preste o vídeo. Sen pecar de falsa humildade, coidamos que Demetrio realizou un bo traballo con el. Velaí o tedes.
Comentarios recentes