Estamos lanzados. Hai uns días, a Deputación da Coruña decidiu dar o premio “Rosalía de Castro” á web “Blogaliza.org” que é a que nos ofrece o espazo no que se publica este blog. Ese premio concédese a entidades, grupos etc., que pulan por lle dar presenza ao galego.

Blogaliza acubilla a case tres mil dos nove mil blogues que, se calcula, escriben e manteñen o galego na rede e ten tamén parte noutra serie de inicativas a prol da lingua. Xa que logo é un bo día para estar de festa.

E, por suposto, parabéns para Pedro, Tati e toda esa xentiña que nos facilita este pequeno recuncho. Se alguén o merece, está claro que son eles. Dende aquí un cariñoso saúdo por facilitármonos os medios.

Please follow and like us: