Un outro blogue en galego de Wordpress

Mes: Marzo 2019

Día Internacional da Muller-2

Este é o vídeo que realizamos para espallar a exposición realizada no IES Lucus Augusti para conmemora-lo Día Internacional da Muller que tivemos durante varios días no vestíbulo.

Consta de varios libros, algúns cun globiño no que hai unha pequena sinopse do contido, e tamén os dous taboleiros verticais nos que se presentaron frases de persoeiros relevantes de varias materias como filosofía (Ortega e Gasset ou Schopenhauer), da relixión (san Paulo e santo Agostiño), da psicoloxía (como Sigmund Freud) e da política (Donald Trump). O nexo común de tódalas frases era a minusvaloración da capacidade da muller e do seu papel na sociedade.

Fronte a elas, aparecen fotos e nomes dunha escolma de mulleres galegas, cunha tarxeta na que debaixo do nome aparecen, moi sinteticamente, os seus feitos e éxitos. Dende cantantes como Sés ou Luz Casal, empresarias como Purificación García, intelectuais como Concepción Arenal ou Mª Xosé Queizán, deportistas como Vero Boquete ou Ana Peleteiro, profesionais ou científicas como Emma Ríos, Olimpia Valencia ou Begoña Vila.

Finalmente tamén quixemos incluír outro feixe de mulleres que tiveron un gran impacto social. Como Carmen Avendaño, pioneira da loita contra a drogadición e o narcotráfico en Galiza; ou Marcela e Elisa, tamén pioneiras a prol da liberdade sexual ou as irmás Touza Domínguez, denominadas as “Schindler galegas”.

Todo isto nos ten que servir para reflexionar sobre se de verdade, estamos tan sobrados de talento como para rexeitar as aportacións da metade da humanidade.

Intercambio con Dinamarca 2018-2019

Como vén sendo habitual, este ano tamén houbo Intecambio con Dinamarca.  O noso alumnado marchara a Dinamarca cando o curso principiaba e os daneses estiveron estes últimos días devolvendo a visita.

Nestes días de convivencia, aproveitouse, tamén para lles ensinar algúns dos lugares máis fermosos e feiticeiros do país. Na galería que podedes ver amósanse algunhas instantáneas da visita que realizaron a fortaleza e Museo etnográfico de San Paio de Narla onde, ademais, puideron ver e experiementar o traballo artesanal da elaboración do queixo e a fabricación de cestos. Toda unha experiencia.

8 de marzo

Temos aquí o tríptico que nos serve para amosar aquelas lecturas recomendadas nunha data coma esta. Para podelo ver, tes que premer sobre a imaxe.

Tamén podemos ver a exposición que hai no vestíbulo con imaxes  de diferentes persoeiros e persoeiras alusivas á conmemoración. Que opinas?

 

Cambio Climático

Interesante vídeo o que se puido ver hai un par de días na 1 da Televisión Española. O equipo de Metereoloxía da cadea participa estes días na Conferencia Internacional “Change The Change” que se está a celebrar en Donostia, e veñen de subir á rede un vídeo no que explican un dos posibles efectos do cambio climático se non atallamos a emisión dos gases de efecto invernadoiro.

Por se non o viches, telo aquí pola importancia que ten. É para pararse a pensalo. Non si?

Que opinas?

Día de Rosalía

Para conmemorar o Día de Rosalía, presentamos este traballo a partir da actividade realizada polos alumnos de PMAR II, na que despois de traballar a técnica dos haikus,  eles mesmos realizaron varios, que estiveron expostos no vestíbulo do centro. 

Aquçí o temos en formato vídeo para que toda a comunidade escolar o poida ver e desgustar.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz