Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: violencia

Nadie nos oye

Nadie nos oye é un libro de Nando López presentado hai un par de meses coincidindo co Día Internacional da Non violencia. Xa por iso pagaría a pena ler para saber que é o que nos quere contar o autor mais tamén nos ofrece, cunha escritura áxil con forma de thriller, un tema ben actual: unha reflexión o tema da violencia; da xenérica non o acoso, da que está latente nos institutos e por extensión na sociedade.

A través das liortas que provocan os enfrontamentos deportivos e non deportivos entre dous centros presenta a competencia entre persoas, o racismo, o medo a falar, a presión institucional, todo un caldo de cultivo da violencia latente na sociedade e que está á espera de estourar en canto haxa unha pequena faísca que a provoque. 

Para comezar, podes ver o vídeo que serve de promoción do libro.

25 de Novembro- Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe damos comezo á primeira nota deste blogue da Biblioteca do noso centro, o IES “Lucus Augusti” de Lugo. E tamén queremos comezar atendendo a unha das conmemoracións máis relevantes destes días . Falo do Día Internacional contra a violencia de Xénero. Para nos facer partícipes de tal efeméride, presentamos unha presentación realizada polo equipo da Biblioteca do  IES “Sánchez Cantón de Pontevedra.

25 novembro 2009-Violencia de xénero

De seguido, tes unha presentación creada polo IES de Teis que tamén resulta espectacular. Hai que ter un pouco de paciencia pois tarda algo en cargar pero paga a pena a espera.
Agora ben, non é un fenómeno exclusivamente galego, nin español nin europeo tan sequera. Aquí tes un fregmento da campaña que sobre este tema están a facer en México.

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/bzxzAWu2_MY” width=”500″ height=”400″ wmode=”transparent” /]

Amosámosche como exemplo esta campaña de México porque os poderes públicos non sempre fan ben as cousas. Para mostra ben vale un botón. Non hai máis que ler esta noticia aparecida recentemente no xornal “El País” na que se fai referencia a un feito sangrante: o asasinato e desaparición de mulleres en Ciudad Juárez (México). Se queres consultalo, preme na fotografía.

Fotografia_Claudia_Ivette_asesinada_Ciudad_Juarez

Hoxe en día, aquí, hai unha certa conciencia social e este tipo de violencia comeza a ser rexeitado socialmente. Pero séguense a producir casos. Sería desexable non ter que facer máis campañas destas. Mentres tanto, é ben lembrar que é responsibilidade de todos rematar con esta lacra. Ti que opinas?

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz