Estamos de festa porque vén de saír a resolución final dos Premios Extraordinarios da ESO correspondentes ao curso 2016-2017 e, este ano, hai unha alumna do noso centro entre os gañadores.
Trátase de Sofía Santos Ulloa, que xa tiña gañados varios premios de redacción e que, durante un tempo, fora tamén colaboradora nosa no blogue. Dende aquí queremos mandarlle os noso parabéns polo esforzo realizado e polo éxito conseguido.
Temos a satisfacción de informar que Sofía Santos Ulloa, alumna do noso centro, vén de recibir un novo premio. Nesta ocasión resultou premiada na XXIª edición dos Premios “Trapero Pardo” de relato curto para escritores novos, con outros rapaces de Lugo e de Burela.
A continuación, temos a foto conmemorativa do acto, na que a alcaldesa de Lugo e parte da corporación fixeron entrega dos premios. Parabéns polo éxito acadado.
A finais do curso pasado, anunciaramos que Sofía Santos Ulloa, tras vencer na final autonómica, quedara 2ª finalista na 55ª edición, do concurso de “Jóvenes Talentos de Relato Corto“, organizado por Coca Cola do cal, por certo, xa está convocada a 56 edición, na que podedes apuntarvos até o 15 de marzo, premendo aquí.
Daquela non podiamos publicar aquí o seu relato por aquilo dos dereitos de autor, mais nestes momentos, a propia Coca Cola nolo facilita xunto cos dos outros gañadores na súa web. Por iso, é un orgullo para nós, podelo ofrecer premendo na imaxe que está a continuación.
No seguinte vídeo, pódense ver unhas imaxes da Gala onde se deron os premios.
Finalmente, non podemos deixar de indicar que Sofía vén aportándonos os seus relatos dende o comezo do curso pasado no apartado de Colaboracións deste blogue, que este curso, ademais, está ater bastante éxito.
Sairá desta sección un novo gañador ou gañadora? O tempo nolo dirá.
Comentarios recentes