Xa temos aquí o material das actividades sobre o Día do Libro deste ano. Están tamén en formatos diversos para que cada quen escolla o que máis lle guste.
En primeiro lugar, sobre a “Exposición de Profesores-Autores” e, en segundo lugar, a outra “Exposición sobre a conmemoración dos 400 anos da segunda parte de “El Quijote”, na que se poñían en relación textos da obra a carón das esculturas de Suso de Marcos (a quen dende aquí agradecemos enormemente que nos permitira usar imaxes de parte da súa obra para a exposición). En ámbolos dous casos, temos unha imaxe estática que ao premer nela se despregará un libro virtual para podela ver o contido de calquera das exposicións con máis vagar.
Da segunda das exposicións tamén temos un vídeo, que é o que segue.
Finalmente, a Guía de Lecturas que editamos para ese día, con novidades que presetntamos para ese día, algunha das cales foi petición do alumando, e que se poden coller nos estantes da nosa Biblio.
Comentarios recentes