Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Primeira guerra mundial

1ª Guerra Mundial

Especialmente relevante para o alumnado de 4º ESO e 1ºBAC achegamos un recurso da materia de Historia do Mundo Contemporáneo. As efemérides é o que teñen: son doadas de lembrar. Hai pouco máis de 100 anos, ás 11 horas do día 11 do mes 11, entrou en vigor o armisticio que puxo fin á denominada Gran Guerra.

A denominación fai honor ao que os historiadores recoñecen como o acontecemento que máis influencia tivo na configuración do mundo actual dende tódolos puntos de vista. A nivel social, supuxo que as mulleres foran incorporadas ao mercado laboral nas fábricas de armas da retagarda e, progresivamente pularan pola súa independencia económica.  A nivel político e estratéxico, provocou a caída dos grandes imperios absolutistas e a aparición dunha morea de estados independentes: Hungría, os países árabes (pensemos nos conflitos actuais en Siria, por exemplo), a República Checoeslovaca (hoxe Chequia e Eslovaquia), a progresiva creación de Iugoslavia, Ucraína, as repúblicas bálticas. Tamén supuxo a decepción para pobos que reclamaban o seu estado, nomeadamente os curdos.

Se vos interesa, tedes nas biblioteca varios libros sobre a materia en banda deseñada ou en forma visual, e tamén enciclopedias e libros específicos; propoñemos os seguintes:

Como complemnto, para ver on-line, podedes ver o carrusel de fotografías creado polo xornal El País que, seguro, interesarán. accédes premendo na imaxe seguinte.

 

 

Novas adquisicións

Atlas ilustrado de la Primera guerra mundial

ATLAS i GUERRA MUNDIALA Primeira guerra mundial, o primeiro acontecemento histórico documentado pola fotografía, supuxo o comezo dun século tráxico que deixou tras de si unha terrible estela de morte e devastación.

Con máis de 400 imaxes e 70 fichas temáticas, os autores desta completa guía pretenden dar unha visión global do conflito que vestiu de loito a Europa do século XX.

Atlas ilustrado de la Segunda guerra mundial

ATLAS II GUERRA MUNDIAL

Máis de 700 imaxes procedentes dos arquivos de Magnum-Contraste, Roger Viollet e Giunti.

Realizadas por mestres da fotografía como Robert Capa ou Henri Cartier-Bresson ilustran este magnífico percorrido pola máis devastadora guerra “total” que involucrou a centos de millóns de persoas en todos os recunchos do mundo.

Atlas ilustrado de la II República española.

CUB II REPUBLICA 37mm_Maquetacion

Unha excelente e completa guía para comprender o período político da II República, desde a súa orixe o 14 de abril de 1931 ata o final da Guerra Civil Española.

Atlas ilustrado de la guerra en la antigüedad. Roma

LA GUERA EN LA ANTIGUEDAD-ROMA

É difícil entender como a cidade de Roma pasou de ser unha vila sinxela para gobernar a maior parte do mundo coñecido, creando un imperio de dimensións continentais. A clave do seu éxito foi a súa perseveranza, capaz de superar os desastres militares que a levaron á marxe da desaparición. Este impresionante volume permite ao lector entrar neste interesante período da Historia de Roma a través dunha gran exposición fotográfica, ilustracións e mapas.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz