Falta pouco para a conmemoración do 8 de marzo e xa están a quentar os motores. Desta volta, organizado polo Club de Letras e mailo Departamento de Plástica, e dirixido por Magdalena, profesora do mesmo departamento, artellaron unha “perfomance” denominada Atheon ifev que se define como unha “Arácnida tea humana entrelazando o noso infinito-finito espazo vital“. Velaí téde-lo vídeo.
Etiqueta: Performance
Dende a Real Academia Galega de Belas Artes chamouse a adicar o 2017 á conmemoralo como “Ano Maruxa Mallo“.
Por iso, o Departamento de Plástica levou a cabo unha “performance” que serviu para pór de relevo as posibilidades creativas da expresión libre.
Aquí tedes tamén o vídeo que amosa unha interesante experiencia.
Comentarios recentes