Retomamos o ritmo no blogue cunha nova recente de gran relevancia: o comité noruegués dos Premio Nobel, concederon o Nobel da Paz 2014 a Malala Yousafzai e ao hindú Kailash Satyarthi.
A historia de Malala xa é bastante coñecida. Cando tiña 12 anos (2009) e os talibáns ocuparon o val do Swat onde vivía en Paquistán, unha das primeiras medidas que adoptaron foi a de prohibir que as nenas poideran seguir indo á escola. moitas das súas compañeiras deixaron de facelo, por temor, mais ela continuou acudindo. como consecuencia foi tiroteada na face polo que tivo que ser operada varias veces en Gran Bretaña. A pesar de todos os problemas continua defendo o dereito das nenas a recibir educación en igualdade de condicións cós rapaces. De seguido, premendo na imaxe, podes ver un vídeo, gravado pouco despois de ser atacada, onde manifesta o seu compromiso con esa idea.
O ano pasado, presentou xunto con Christina Lamb o libro “Yo soy Malala“, onde explica a súa curta vida. Como con 11 anos comezou a traballar como “blogueira” para a BBC e como era a súa vida en Paquistán antes e despois da chegada dos talibáns e sobre a defensa dos seus dereitos. Un interesante libro, real, sobre unha experiencia vital enormemente vibrante, que podes ver presente nos andeis da nosa biblioteca.
Tamén fora moi comentada a súa intervención perante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas nas que fixo unha intervención en defensa dos dereitos da infancia e do dereito á educación.
As palabras do Secretario Xeral da ONU, referidas a ela, deberían servir para nos facer reflexionar sobre a importancia da educación: “Os estremistas demostraron que é o que máis temen: a unha nena cun libro“.
Comentarios recentes