Xa hai varios días que nos deixaron os rapaces do Instituto Humboldt – Gymnasium de Leipzig que participaron no tradicional intercambio que o noso centro leva a cabo con eles. O noso alumnado de 4º ESO visitara Leipzig o pasado marzo e eles estiveron aquí a finais do mes pasado.
No tempo que permaneceron connosco visitaron a nosa cidade e tamén estiveron en Santiago, no que fixeron un percorrido pola cidade cun guía, e na Coruña, onde visitaron a Domus, a praia e un pequeno paseo polo resto da cidade. Podémolos ver aquí, nun deses descansos na Aula de Alemán do centro.
Xa falta menos para que en marzo, novos alumnos e alumnas marchen de novo cara aló, a comezar de novo o ciclo.
Comentarios recentes