O vindeiro xoves, día 17 ás 19’30 h, vaise celebrar unha conferencia na Casa do Saber dentro do programa “Encontros en EL PROGRESO”, e que está organizada polo xornal da nosa cidade.
A conferencia titúlase “Presente y futuro de la pandemia Covid-19”, e está a cargo do Director do Centro de Enfermedades Transmisibles Emerxentes, o
Profesor Dr. D. JUAN JOSÉ BADIOLA.
Entre o seu currículo destaca o feito de ter sido rector da Universidade de Zaragoza e que é un reputado en enfermidades infecciosas. Así, foi a figura de referencia tanto a nivel investigador como respecto ao gran público pola súa presenza nos medios de comunicación cando se producira a síndrome da encefalopatía esponxiforme bovina (EBB), coñecido popularmente, como o mal das vacas tolas.
Comentarios recentes