Especialmente relevante para o alumnado de 4º ESO e 1ºBAC achegamos un recurso da materia de Historia do Mundo Contemporáneo. As efemérides é o que teñen: son doadas de lembrar. Hai pouco máis de 100 anos, ás 11 horas do día 11 do mes 11, entrou en vigor o armisticio que puxo fin á denominada Gran Guerra.
A denominación fai honor ao que os historiadores recoñecen como o acontecemento que máis influencia tivo na configuración do mundo actual dende tódolos puntos de vista. A nivel social, supuxo que as mulleres foran incorporadas ao mercado laboral nas fábricas de armas da retagarda e, progresivamente pularan pola súa independencia económica. A nivel político e estratéxico, provocou a caída dos grandes imperios absolutistas e a aparición dunha morea de estados independentes: Hungría, os países árabes (pensemos nos conflitos actuais en Siria, por exemplo), a República Checoeslovaca (hoxe Chequia e Eslovaquia), a progresiva creación de Iugoslavia, Ucraína, as repúblicas bálticas. Tamén supuxo a decepción para pobos que reclamaban o seu estado, nomeadamente os curdos.
Se vos interesa, tedes nas biblioteca varios libros sobre a materia en banda deseñada ou en forma visual, e tamén enciclopedias e libros específicos; propoñemos os seguintes:
Como complemnto, para ver on-line, podedes ver o carrusel de fotografías creado polo xornal El País que, seguro, interesarán. accédes premendo na imaxe seguinte.
Comentarios recentes