Xa temos o cartel desta VII edición do Día da Ciencia en Galego.
Como vedes, desta volta está adicado á Bioloxía e, en concreto, á figura de Gregor Mendel. Isto é de debido a que a FAO, un organismo dependente na ONU, declarou 2016 como o “Ano internacional dos legumes“, e Mendel traballara cos chícharos para deducir as súas leis de herdanza. Igualmente, tamén se vai destacar a figura de Cruz Gallástegui, un galego-basco, que foi a persoa que introduciu a xenética en España.
Na seguinte ligazón podes ler o Manifesto deste ano, de Isabel Aguirre de Urcola, no que defende o papel das bibliotecas como depósitos de coñecemento, da diferenza entre información e coñecemento, e da importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas e institutos.
Comentarios recentes