Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: instituto

170 aniversario do noso IES

IES “Lucus Augusti celebra hoxe o seu 170 aniversario que o coloca coma o máis antigo da Galiza e un dos 10 máis antigos de España. Por tal motivo haberá un acto académico que tamén servirá de apertura para unha Exposición de diversos materiais sobre o Lugo de 1942.

Nos vindeiros días publicarase, aquí no blogue, un carrusel de fotografías sobre os fondos máis salientables. Mais para ir abrindo boca, tamén pódese acudir á fotogalería -5 imaxes- que publica o xornal “El Progreso para cubri-la noticia.

 

 

Exposición de Libros de Texto antigos

OSCAR CELAHoxe saímos na prensa con motivo da Exposición de Libros de Texto antigos. Organizada pola Biblioteca, no vestíbulo do IES, xa vistes que hai unha exposición de Libros de Textos antigos. Son libros dos fondos da Biblioteca, que están retirados á vista do público en xeral porque están na dependencia denominada: Biblioteca Histórica. Como sabedes o noso centro é o IES máis antigo da Galiza e estivo radicado en varios edificios antes de chegar o actual. É por iso que entre os fondos xerais do Centro aparece a colección de aves, a de animais disecados e incluso, as pezas que están expostas no Museo.

Para que o alumnado, e o público en xeral, poida coñecer e desfrutar destes fondos históricos, de cando en vez, faise unha exposición máis ou menos temática. Nesta ocasión tocoulles aos Libros de Textos de plans de educación anteriores. Así, aparecen libros do ano 1934, ou libros de texto algo máis recentes, realizados por ex-ministros -como o de Fuentes Quintana-, si o dos “Pactos da Moncloa” -que dirían os de 2º de BAC, e que eran os que se estudaban no seu momento.

En breve esperamos, traer tamén a exposición a este apartado virtual, pero mentres tanto, tamén a prensa local tense interesado pola exposición. Na seguinte ligazón podedes ver un pequena escolma fotográfica, obra de Óscar Cela, publicada en “La Voz de Galicia“. En breve estará a nosa.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz