O pasado día 9 estreouse comercialmente a película “A praia dos afogados” baseada na novela do mesmo título de Domingo Villar, que vén sendo a continuación da anterior e exitosa “Ollos de auga“, que varios grupos tiveron, e teñen, como obra de lectura recomendada na materia de Lingua Galega.
A película, que foi rodada en Vigo e arredores e que conta con gran parte do equipo técnico galego e coa maior parte tamén de actores galegos, está dirixida por Gerardo Herrero, guionista, director e productor de ampla carreira, cun guión creado polo propio novelista.
O protagonista é Leo Caldas, inspector de policía e que tamén participa nun programa radiofónico de atención cidadá, que ten que resolver o aparente suicidio dun mariñeiro pero no que a autopsia leva a sospeitar que, en realidade, é un asasinato.
Aquí temos o trailer da película para que sirva de aperitivo.
[vimeo 130748842 w=600 h=350]
A Praia Dos Afogados – TRAILER galego from Tornasol Films on Vimeo.
Comentarios recentes