O Departamento de Filosofía, organiza para o vindeiro 22 de outubro, o recital “Poesía no camiño“, que se ha celebrar no noso centro, no Salón de actos de 11:45 a 13:25, especialmente adicado para o 1ºBAC de Humanidades de Ciencias Sociais.
A experiencia ten como obxectivo recuperar influencias coma a lírica provenzal e a mística sufí que chegaron as nosas terras polos Camiños, recuperar o ámbito mítico, esa xeografía soñada do país que imaxinou Uxío Novoneyra. Ademais de reactivar a temática xacobea trátase tamén de achegar ao alumnado ao feito poético en vivo.
O proxecto, organizado pola Fundación Uxío Novoneyra forma parte da programación “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia e ten como obxectivo recuperar a memoria das referencias e influencias da temática xacobea na poesía actual, seguindo a ruta do libro “Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago (Ámbito Mítico)”.
Trátase dunha experiencia de escrita itinerante no que participan os poetas Grace Wells, Demián Rabilero, Tálata Rodríguez, Diego Horchowski, Fátima N. Delgado y María Luiza Fernandes da Silva, procedentes de Irlanda, Cuba, Colombia, Arxentina, Galicia e Brasil, respectivamente.
Comentarios recentes