O vindeiro 24 deste mes, celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA. Esta data foi creada en 1997 pola ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE AMIGOS DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa finalidade de concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os cativos e a mocidade e para resaltar o gran labor que realizan os bibliotecarios e bibliotecarias.
No presente ano o cartel e o pregón son de Andrés Rábago (máis coñecido como “El Roto“, coñecido debuxante do xornal “El País”) e de Laura Gallego (tamén coñecida polas súas series de literatura fantástica) e os actos conmemorativos han se celebrar en Segovia.
Aquí vos deixamos o cartel conmemorativo e, nunha imaxe, o texto que escribiu Laura Gallego para a dita conmemoración.
Comentarios recentes