Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Departamento de Lingua Castelá

Un xograr moderno

Durante toda unha xornada, visitounos o famoso xograr Crispín D´Olot que fixo un divertido repaso literario dende a Idade Media ata a actualidade para todos os niveis educativos no noso Centro.

Na actividade, organizada polo departamento de Lengua y Literatura Castellana, pasouse repaso a moitos dos clásicos da Literatura castelá, dende Quevedo a Góngora e tamén ao romancero.

Tamén o propio Crispín fixo mención da actividade do centro no seu propio Facebook. Se queres botarlle unha ollada, preme aquí.

NUESTROS LIBROS, NUESTRA HISTORIA

Para conmemorar o Día do Libro, xunto co Departamento de Lingua Castelá e Literatura estes días pódese visitar, no vestíbulo de entrada, a exposición NUESTROS LIBROS, NUESTRA HISTORIA, na que se poden ver unha morea de exemplares que pertencen aos fondos da Biblioteca Histórica do noso centro.

Neste caso, son libros que van dende o ano 1587, o máis antigo, ata finais do século XIX, e aparecen obras como o “Teatro Crítico Universal” de frei Benito Feijóo, ou unha “Gramática de la Lengua Castellana“, editada en 1796 pola Real Academia Española, unha edición de 1783 das “Novelas Ejemplares” de Cervantes ou o “Sistema de los vegetales” de Linneo, editado en 1778.

Pero se prefires ver as imaxes individualmente, preme na imaxe

Cartel-2

Entrega de premios San Clemente

Xa no seu momento, xuño do ano pasado, informáramos de como o noso centro fora un dos IES invitados, un por provincia, polo IES “Rosalía de Castro” de Compostela para participar na XXI Edición do seu premio literario Arcebispo Juan de San Clemente“.

Pois ben, xa chegou o día no que vai ter lugar o acto de entrega dos premios literarios  nas modalidades de tradución (El testamento de María, de Colm Toibin), novela en lingua castelá (El impostor, de Javier Cercas) e en lingua galega (A memoria da chuvia, de Pedro Feijoo).

Ao acto asistirán as ex alumnas do IES Lucus Augusti: Paula Abuín, Silvia Fernández, Lorena Núñez, Ana Rodríguez, Lucía Sarceda e Andrea Vilar, que participaron como xurado nas deliberacións que outorgaron os devanditos premios na sesión celebrada o 16 de xuño de 2015 no Instituto Rosalía de Castro de Santiago. As alumnas serán acompañadas polos xefes dos Departamentos de Lingua e Literatura Castelá (Fernanda Marzo) e Lingua e Literatura Galega (Manuel Celso Matalobos).

A entrega de premios terá lugar no transcurso dunha cea á que asistirán os autores galardoados, que compartirán mesa cos membros do xurado, no Hostal dos Reis Católicos da capital galega.

De seguido, podedes ver unha pequena escolma fotográfica do desenvolvemento dos actos de xuño, e no final unha panorámica con todos os participantes.

S. Clemente 3

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz