Un outro blogue en galego de Wordpress

Etiqueta: Departamento de Inglés

Poppy Day

O 11 de Novembro é o Poppy Day ou Día do Recordo (Remembrance Day). Ás 11, do día 11, do mes 11… gárdase 1 minuto de silencio, coincidindo coa fin oficial da 1ª Guerra Mundial. Foi establecido en 1919 en lembranza de todas as vítimas da 1ª Guerra Mundial e, por extensión, de todos os conflitos bélicos. Celébrase nos países da Commonwealth. A papoula do recordo úsase desde 1921 e converteuse nun emblema, en referencia ao poema In Flanders Field. Foi escrito en 1915 polo tenente coronel médico McCrae, que participou na Segunda Batalla de Ypres. Inspirouse ao observar as papoulas que medraban entre as numerosas cruces dos caídos en guerra.

O Poppy Day foi tamén celebrado no noso centro, baixo a dirección do Departamento de Inglés. Neste vídeo podemos ver máis información e as actividades feitas. Parabéns a todas as persoas participantes!

BE MY VALENTINE

Entre o  xoves 15 e o venres 16,  entre o vestíbulo e a Biblioteca, haberá unha actividade adicada ao Día de San Valentín organizada polo Departamento de Inglés e apoiada pola Biblioteca.

Para ver de que se trata,  podes premer na imaxe e accederás á información.  Anímate a participar.

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz