Aínda que ás carreiras vimos de subir o vídeo sobre o Concurso Fotográfico que se organizara xunto co Departamento de Lingua Castelá. Tras estar uns días expostas as achegas dos e das participantes, temos o vídeo para que se poidan ver nas casas e fóra do noso centro. Esperamos que vos guste.
Etiqueta: concurso fotográfico
Organizado conxuntamente co Departamento de Lingua Castelá e Literatura celebrouse o I Concurso Fotográfico-Literario. Os traballos da gañadora e dos finalistas expóñense a continuación.
1º PREMIO (Un libro electrónico): ZOOLÓGICO LITERARIO
Autora: Elena Álvarez Toirán – 1º BAC D
Esta foto compendia as dúas paixóns da autora: a lectura e o cariño hacia os animais.
FINALISTAS
LA VIDA Y LA MUERTE
Autora: Simona-Vasilisa Ilban – 1º BAC F
LEER PERJUDICA GRAVEMENTE LA IGNORANCIA
Autor: César Abuín Guzmán – 1º BAC D
OTAGURI ES CANNON
Autora: Helena A. Risco Montero – 2º BAC A
Varios Departamentos do Centro (o de Bioloxía e Xeoloxía, o de Educación plástica e Visual e o de Xeografía e Historia) xunto coa Biblioteca convocan o 2º Concurso de Fotografía, no que pode participar todo o alumnado do Centro, tanto de diurno como de Adultos.
O resumo das bases é o seguinte: cada alumno (que debe ser o autor/a da fotografía) pode presentar un máximo de 2 fotografías relacionadas coas seguintes temáticas: Patrimonio Natural e/ou Patrimonio Histórico e Artístico da cidade de Lugo. As fotografías deben mandarse ao seguinte enderezo: concursofotoieslucus@gmail.com, e no envío debe aparecer os datos persoais do participante (nome e apelidos máis o curso).
O xurado valorará tanto a calidade coma a orixinalidade das fotografías, e estará composto por unha persoa dos 3 Departamentos, máis un membro do Equipo Directivo e un membro do Equipo da Biblioteca. A participación implica asumir as condicións da convocatoria e remata o 30 de Abril. As fotografías premiadas empregaranse na Revista do Centro e serán publicadas tamén no blogue da Biblioteca.
Se queres ver as bases completas podes premer aquí.
Comentarios recentes