Como vén sendo habitual, este ano tamén houbo Intecambio con Dinamarca. O noso alumnado marchara a Dinamarca cando o curso principiaba e os daneses estiveron estes últimos días devolvendo a visita.
Nestes días de convivencia, aproveitouse, tamén para lles ensinar algúns dos lugares máis fermosos e feiticeiros do país. Na galería que podedes ver amósanse algunhas instantáneas da visita que realizaron a fortaleza e Museo etnográfico de San Paio de Narla onde, ademais, puideron ver e experiementar o traballo artesanal da elaboración do queixo e a fabricación de cestos. Toda unha experiencia.
Comentarios recentes