Este ano, o Día das Bibliotecas, 24 de outubro estivo dedicado a un tema da máxima actualidade: a loita contra a desinformación. Con este motivo, La Voz de Galicia, dentro do seu programa Prensa Escuela, compartiu un contido informativo de interese para os centros educativos, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de acceder a fontes fiables, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico.

Dende a biblioteca do IES Urbano Lugrís, de Malpica de Bergantiños, o xornalista César Rodríguez ofreceu un relatorio sobre a desinformación, abordando cuestións relacionadas coa desinformación, o seu contexto, o papel da Intelixencia Artificial e a sabedoría das multitudes. Pretendíase proporcionar pautas para combater a desinformación.