Con motivo da celebración do Día da Muller e da Nena na ciencia o vindeiro 11 de febreiro, o Departamento de Física e Química e o Clube de Ciencia do IES Lucus Augusti, en colaboración coa Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizan o III Concurso de szikus baixo o lema “A ciencia en poema”. Achegamos nesta entrada o cartaz do certame.
Por iniciativa do Club de Ciencias e do Equipo de Dinamización Lingüística exponse no vestíbulo do noso Instituto a mostra itinerante XEAS: Mulleres que estudan a Terra. co gallo da conmemoración do Día da Muller e da Nena na Ciencia o vindeiro 11 de febreiro. A exposición consta de sete paneis con textos de Rosa María Mateos e Ana Ruiz Constán, do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME-CSIC), ilustracións de Nívola Uyá e tradución ao galego de Irene Pérez Cáceres. A mostra chegou a nós a través da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), copropietaria da mesma, xunto coa sección galega da Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra (AEPECTGalicia).
O percorrido pola exposición permíte achegarnos a diferentes disciplinas das Ciencias da Terra a través das aportacións de doce xeólogas de épocas, contextos históricos e nacionalidades diferentes que, malia os atrancos cos que se atoparon, deixaron unha forte pegada no coñecemento científico. Algunhas foron, ademais, mulleres cunha gran conciencia social e compromiso político. Outras implicáronse notablemente na transmisión do coñecemento científico, especialmente a outras mulleres.
A mostra pretende ser un xusto recoñecemento ao traballo de todas elas e unha ventá aberta para que o noso alumnado as coñeza e siga traballando na visibilización do papel que xogou e xoga a muller na Ciencia.
A exposición permanecerá no centro ata o venres 14 de febreiro.
O Departamento de Filosofía do IES Lucus Augusti vén de convocar o VI Concurso de ensaio filosófico. O tema deste ano é Qué é ser normal?
Compre reflexionar sobre preguntas como: Algunha vez te sentiches diferente? Pensache que non encaixabas no que os demáis agardaban de tí? Ou son os demáis os raros? ¿Quen marca o criterio? Que teñen que ver a nosa educación, os nosos desexos, a cultura dominante? O normal varía co tempo? Hai que esforzarse máis por ser normal ou por non selo? Que é máis cómodo, ou máis molesto? Que é mellor? Que ten que ver ser normais con ser libres, ou responsables? Se te preocupan cousas como estas, ou se pensaches algunha vez cousas parecidas a estas, este é o teu concurso!
Estas son as bases do concurso de ensaio:
1. Está dirixido a alumnado de Bacharelato do IES Lucus Augusti.
2. Os escritos poden estar en lingua galega ou castelá.
3. A extensión será entre 4.000 e 8.000 caracteres, espazos incluídos.
4.O escrito asinarase con pseudónimo. Entregarase un exemplar na conserxería do instituto en sobre pechado, no que figuren pseudónimo e título. Dentro do sobre incluirase outro máis pequeno, co nome e apelidos do/da participante, curso e grupo.
5. O prazo de presentación remata o día 22 de abril de 2025.
6. O xurado estará formado polo profesorado do Departamento de Filosofía.
7. O xurado valorará especialmente a orixinalidade do enfoque e capacidade crítica, ademáis da corrección formal do escrito.
8. Os premios consistirán no seguinte:
1º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 100€.
2º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 50€.
3º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 30€
Comentarios recentes