O vindeiro martes, 30 de xaneiro ás 20:00 horas, no salón de actos do IES Lucus Augusti preséntase o Dicionario do Galego do Bierzo.
Participará a autora, Sara Rodríguez Fernández, acompañada dos profesores Gaspar Méndez, departamento de Xeografía e Historia, e Yolanda Carregal, ENL.
O pasado mércores 17 de xaneiro o alumnado de 2º de ESO asistiu a representación da obra de teatro Entrepasos e zancadasno auditorio Gustavo Freire; actividade organizada polo Depto. de Lingua Castelá e Literatura.
Foi unha actividade pensada para achegar o teatro aos máis cativos, sobre todo, o teatro clásico español que nunca pasa de moda.
O vindeiro martes 23 de xaneiro ás 17:30 horas, haberá unha interesante video conferencia sobre protección de datos persoais que está especialmente dirixida a tódolos centros, mais tamén á ANPA’s e familias.
Para poder asistir e participar, precísase inscrición previa. Para quen estea interesado, aquí está toda a información.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo renovou por dez anos máis a cesión do mapa de Fontán (coñecido como a Carta xeométrica de Galicia) ao IES Lucus Augusti. O mapa estivo no Pazo de San Marcos, sede do instituto de Lugo cidade nas primeiras décadas do século pasado, e alí quedou cando a actividade docente cambiou de emprazamento.
Foi atopado e restaurado por persoal do Museo de Lugo, dependente da Deputación, e no 2009 acordouse cedelo ao IES Lucus Augusti, onde permanece exposto dende aquela.
Podes completa-la información co artigo de La Voz de Galicia, premendo aquí.
Comentarios recentes