Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Curso 2021-2022 (Páxina 1 de 3)

OLLOBOI 2022. CINeLUCUS está de celebración

Xa avisamos no seu día: isto terá secuelas.
Para os que non se tiveran enterado, o pasado mes de marzo, neste mesmo blogue presentamos as curtametraxes creadas por alumnos da materia Cine e Sociedade de primeiro de BAC. Dúas desas obras participaron no Festival de curtametraxes Olloboi 22.

Sen máis alforxas ca súa creatividade, Guilherme da Silva, Andrea Pérez Montero de 1ºBAC B e Ana Fernández Castro de 1º BAC C, presentaron os seus traballos a concurso, dúas historias que teñen na anguria e o medo un denominador común.
O festival Olloboi, ven de celebrarse dende o ano 2009 e en 2020 recibiu o premio Xosé Sellier que outorga a Academia Galega do Audiovisual. Das máis de cen obras presentadas a concurso, pasaron á final nas categorías de mellor guión, mellor imaxe e mellor actuación.

Parabéns! Todo un éxito que compartimos con el@s. Aquí hai futuro, aquí hai canteira.

Premendo sobre as imaxes podes ver os dous vídeos. E se queres recuperar tódolos vídeos anteriores, pódelos ver aquí.

Vídeo “Na parede”, de Ana Fernández Castro
Vídeo “O meu berro”, de Andrea Pérez Montero e Guilherme da Silva

As mulleres que non viñan nos libros de Historia

Sabías que a Historia non se atopa tan só nos libros e Edixgal? Estades convidad@s a unha lección de Historia diferente, aínda que podemos dicir
que tamén é unha viaxe no tempo.

Este pequeno documental foi elaborado coas entrevistas que os nosos
compañeir@s de 2º ESO C, fixeron a mulleres de entre 60 e 80 anos da súa
contorna. Damos así continuidade a unha pesquisa iniciada hai catro anos que,
baixo o título “Historias de familia”, buscaba recuperar antigas fotografías, co
obxecto de escribir a historia familiar, dando pé no seu día á montaxe dunha
exposición.

Coa axuda dunha ficha-guía e o teléfono móbil, entrevistador@s e entrevistadas,
mantiveron unha proveitosa conversa na que todos os temas xurdiron: familia,
escola, emigración, moda,…

Esperamos que disfrutedes co resultado. A historia continúa.

“Nós tamén temos Historia”.

O pasado 12 de maio, no Salon de actos se celebrou a presentación dun libro editado por Edicións Positivas e coa colaboración da Deputación de Lugo, dun libro no que unha morea de alumnos e alumnos deste instituto, xunto con seus pais e familiares, son protagonistas.

Referímonos a aquela actividade do curso pasado sobre unha obra Pérez Reverte, na que o alumnado de 4º ESO, coordinado polo seu profesor Gaspar Fuentes, fixeran unha activiade de memoria histórica. Se, daquela, o gracioso fora que o escritor fixera un chío no que se refería á actividade, agora se presena un libro, moi ben editado na que se plasma, fisicamente, o que comezar sendo unha actividade meramente didáctica.

No Salón de actos, o profesor comentou todo o proceso que deu orixe ao libro, e contou coa presenza de autoridades, pais e, por suposto, o alumnado protagonista.

Aquí temos, as probas fotográficas.

Un ex-alumno no fondo do planeta

É moi reconfortante comentar a charla que o pasado xoves 12, impartiu un antigo alumno do centro,  Héctor Salvador Fouce, titulada:”Exploración tripulada dos últimos confíns do planeta. Baixada á Foxa das Marianas”, dentro do programa de actividades Stembach.

Este lucense, comezou a súa carreira profesional na Axencia Espacial Europea como Enxeñeiro Aeronáutico, pero a primeira vez que se mergullou no mar decidiu dar un xiro radical e dedicarse á exploración dos océanos como piloto e enxeñeiro de submarinos tripulados. Nos dez anos que leva no sector, acumula mais de 2.000 inmersións en tódolos mares do planeta, entre as que destaca o descenso ó Abismo da Serea na Fosa das Marianas a 10.706 metros de profundidade, converténdose no primeiro español en chegar ó máis profundo do noso planeta.

Héctor é director de operacións de Triton Submarines EMEA, consultor marítimo da Real Liga Naval Española, Académico correspondente da Real Academia de la Mar, numerario da Real Sociedad Geográfica e membro do Explorers Club de Nova York.

Xustamente o ano pasado, a revista dixital GCiencia, presentaba un artigo sobre o descenso á fosa das Marianas que podedes ler, premendo na seguinte ligazón.

Por problemas técnicos, non puidemos grava-la conferencia pero vos deixamos un vídeo dunha conferencia semellante que deu en novembro do ano pasado en Oviedo, na súa Semana da Ciencia.

Encuencto Informativo Semana de la Ciencia en Oviedo (12 de novembro de 2021)

Fallo do III Premio de Ensaio Filosófico

O pasado día 25, reuniuse o xurado do III Premio de Ensaio Filosófico e que estaba composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía e Orientación e por redactores da revista colaboradora “Hechos Mínimos”, para avalia-llos sete traballos que se presentaron.

A decisión do xurado foi a seguinte:

PRIMEIRO PREMIO: para o traballo titulado “EL TRANSHUMANISMO”, presentado por Maxime Toirán Toirán, de 2º Bac B.

SEGUNDO PREMIO: para “COMPETICIÓN TECNOLÓGICA”, presentado por Andrea Pérez Montero, de 1º Bac B.

TERCEIRO PREMIO, para “LA TECNOLOGÍA VISTA DESDE LAS MANIFESTACIONES ARTÍSTICAS HUMANAS”, presentado por Kamil Anni Medina Rodríguez, alumna de 2º Bac A.

A seguir, podes ver unha fotografía do acto no que se fixo entrega do premio ás gañadoras.

Entrega da premios da Sala Verde

En honra de Arcadio López Casanova

Hai poucos días, en concreto o pasado 11, que finou Arcadio López Casanova. Non nos corresponde destaca-la súa valía como poeta ou autor para a lingua galega ou para a castelá; mais si queremos lembrar aquela ocasión na que outro día 11, nesta ocasión de novembro de 2013, quen fora alumno e profesor do noso centro, agasalláranos cunha visita e despois cunha xuntanza con parte do alumnado de 2ºBAC.

Daquela, déramos noticia, neste blogue, da charla que mantivera con eses alumnos sobre o tema “A literatura visita o instituto” e graváramos un vídeo que garda testemuño do feito.

Arcadio López Casanova, na charala na Biblioteca do IES Lucus Augusti

Agora, quizais, é un bo momento para lembrar a voz e a palabra do poeta. Se che interesa, podes acceder a todo documento premendo nas seguintes ligazóns:

III edición do Premio de Ensaio

Como en cursos anteriores, o Departamento de Filosofía, en colaboración co Club de Letras e a Biblioteca, convocan a III edición do Premio de Ensaio. O interesante, dende o noso punto de vista, é que o primeiro premio será publicado na revista do concello “Hechos Mínimos”. O prazo é até o 8 de abril. Ánimo.

Cartaz coa información da convocatoria

Vídeos misteriosos…en CINeLUCUS

CINeLUCUS  abre as súas portas  para todos aqueles amantes ou non do celuloide. Para tal estrea presentamos en exclusiva mundial, as curtametraxes escritas e dirixidas pol@s alumnas e alumnos de Cine e Sociedade. Prepárate a vivir uns momentos de tensión ó máis puro estilo Hitchcock. Isto terá secuelas.

Aínda que existían algunhas limitacións á creatividade, por exemplo, non podían exceder de dous minutos, ben podedes comprobar que o resultado é máis que interesante.

El Patín
A nena do parque
OUF
Na parede
Dentro

21 días en Galego e+

A comunidade galego-falante mira este martes cara o Lucus Augusti. O instituto acolleu a clausura do programa 21 Días en galego e +, un proxecto no que participan doce centros educativos e que busca estender o uso do galego máis alá das aulas. Durante o acto, un grupo de alumnos interpretou Terra, de Tanxugueiras.

A iniciativa tivo boa acollida en estudantes e profesores, di o profesor Vázquez Somoza, que destaca que nestes vinteún días detectáronse cambios nos hábitos lingüísticos. Remarca que, seguramente pola súa condición de centro marcadamente urbán, o castelán é a lingua dominante no centro. “Unha cousa é a lingua das clases e outra a lingua de relación e nun centro urbán como este o peso do galego era limitado”, explica.

Aquí podemos ve-la imaxe que serviu para decorar e ambientar o programa nas cancelas de entrada ao centro. Se queres ver máis da iniciativa, premendo aquí, accedes ao artigo que nos adicou o xornal El Progreso.

« Entradas anteriores

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz