Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Curso 2013-2014 (Páxina 4 de 4)

Outubro: Mes da Biblioteca (V)

Rematamos as notas desta semana de conmemoración do Día da Biblioteca Escolar coa nova Guía de Lecturas sobre lecturas científicas. Todos estes libros, e outros máis, podédelos atopar na entrada da Biblioteca, no expositor. Estamos certos de que son o suficientemente atractivos e que resolverán algunhas das dúbidas máis cotiás que temos sobre diversas situacións. Os títulos son rechamantes, non si?

Para ve-la guía, tan só hai que premer na maxe.

Outubro: Mes da Biblioteca (IV)

Hoxe -mañá- é un día raro porque a práctica totalidade dos elementos que forman parte da Comunidade Educativa, en sentido amplo -ANPAS, Sindicatos de profesores, Sindicatos de alumnos etc.-, teñen convocada unha xornada de folga contra a LOMCE, a chamada “lei Wert”. En fronte, tan só a Administración. Mais non queremos que iso afecte máis do debido polo que esta nota realizarase antes das 00’00 horas do xoves.

Temos aquí o cartel conmemorativo deste ano editado pola Consellería de Educación e que, seguro, xa tes visto polo centro adiante. A autora é Patricia Castelao que é unha coñecida ilustradora que leva publicados un monte de tapas de libros de topo tipo, como podes ver unha pequena escolma deles na ligazón de culturagalega.org.

O cartel está titulado “LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR“, polo que resulta axeitado lembrar un dos videos realizados pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística no que se salienta algo evidente, que a ciencia tamén se pode realizar en galego.

Outubro: Mes da Biblioteca (III)

Hoxe traemos un video no que Cristina Novoa Fernández (Asesora técnica docente de Bibliotecas Escolares en Consellería de Educación. Xunta de Galicia), sintetiza en menos de 4 minutos, todo un programa do papel que debe cumprir unha Biblioteca escolar como centro de recursos. Coidamos que como motivo de reflexión ou, mesmo, tema de debate, é unha grande aportación para comprobar en que punto está a nosa e o camiño que aínda nos queda por andar.

Outubro: Mes da Biblioteca (II)

O vindeiro 24 deste mes, celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA. Esta data foi creada en 1997 pola ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE AMIGOS DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa finalidade de concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os cativos e  a mocidade e para resaltar o gran labor que realizan os bibliotecarios e bibliotecarias.

No presente ano o cartel e o pregón son de Andrés Rábago (máis coñecido como “El Roto“, coñecido debuxante do xornal “El País”) e de Laura Gallego (tamén coñecida polas súas series de literatura fantástica) e os actos conmemorativos han se celebrar en Segovia. 

Aquí vos deixamos o cartel conmemorativo e, nunha imaxe, o texto que escribiu Laura Gallego para a dita conmemoración. 

Outubro: Mes da Biblioteca (I)

Logo do ISLM

A IASL (International Association of School Librarianship – Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares) créase sobre 1998 e durante 10 anos estivo a celebrar durante o cuarto luns do mes de outubro, o Día das Bibliotecas Escolares. No décimo aniversario, 2008, aprobou nunha xunta que o mes de outubro sería o Mes das Bibliotecas Escolares, para que en cada país ou en cada Biblioteca, os responsables axeitaran a celebración ás súas circunstancias. O seu lema para este ano é ben significativo: “Bibliotecas escolares: portas cara a vida”

No noso país, dende hai uns anos, a Xunta estableceu o día 24 como o día da celebración. E así vense conmemorando con maior ou menos atención. Dende a nosa Biblioteca, pretendemos que cada día desta semana haxa unha notiña cun recurso que nos faga reflexionar sobre o papel que cumpren este modelo de bibliotecas.

 

Flashmob

Xa está aquí. Tras ímprobos esforzos, por fin podemos presentar o video da “flasmob” realizada, case no remate do curso pasado, por alumnos de 4º de ESO. Houbo que facer moitas probas para que tivera unha calidade suficiente pero, velaí o tedes, fresquiño, fresquiño.

Novo curso

Comezamos por fin un novo curso no que coma sempre, a pesar da normalidade “institucional” houbo diferentes atrancos que solucionar. Mais por fin, xa temos cubertas a maior parte das horas e podemos principiar, esperemos, que dun xeito normal.

Xa están cociñándose varias actividades; tamén estamos a espera de recibir os carnés para os novos compañeiros e, de momento, o que presentamos aquí é o horario e o profesorado que atenderá a nosa Biblioteca.

Entradas seguintes »

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz