Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Curso 2012-2013 (Páxina 1 de 4)

Enquisa para a fin do curso

Estamos a piques de chegarmos á fin do curso polo que chega o momento de ir facendo balance. Moito mudou a nosa Biblioteca e seguimos con novas ideas para pór en marcha no vindeiro curso. Por iso, para ofrecervos un mellor servizo, deseñamos unha sinxela enquisa para que, anonimamente, se queres, nos fagas chegar as túas suxestións e puntúes o realizado ata este momento. Igual có ano pasado, imos empregar o mesmo procemento  pois funcionou ben.

Os usuarios son a parte máis importante de todo este proceso que comezou hai pouco tempo; e os usuarios deben colaborar, participar, aprender, suxerir e, mesmo, avaliar. Para poder facer isto último tan só debes premer na imaxe que está aí abaixo e cando saia o cuestionario -tardarás menos de dous minutos- ler os enunciados e picar na puntuación que che pareza mellor. A nós vainos servir para comezar o vindeiro curso, con máis folgos e máis ideas. Ánimo e a participar.

Imaxe votar

Conferencia: “A muralla cohabitada”

Con motivo da proximidade do “Arde Lucus“, na Librería Biblos, organizan unhas xornadas os vindeiros días 12 e 13 de Xuño, mércores e xoves desta semana, ás 20,15 horas, nas que, collendo como referencia o libro do fotógrafo lucense Xosé Reigosa, que leva por título A Muralla Cohabitada,  durante esas dúas cornadas intervirán diferentes persoeiros vencellados ao mundo cultural e artístico da nosa cidade, todos eles retratados no libro de Reigosa, que fará de moderador da charla-coloquio. Desde diferentes perspectivas e puntos de vista multidisciplinares, presentarán diversas achegas ao significado e a aquilo que representa a Muralla Romana para todos os galegos e, especialmente, para os e as lucenses.

Sen dúbida, unha gran iniciativa da que dende a Biblioteca nos facemos eco e á que invitamos a todos vós.

Recomendacións para o verán

Xa vai rematando o presente curso e, por iso, chegan as últimas recomendacións. Presentamos aquí o boletín de Xuño no que hai varias lecturas para todas as idades que seguro gustarán. Para podelo ver, tan só hai que premer na imaxe.

 

Tariq Alí- “A la sombra del granado”

Novela apaixoante e estremecedora, A LA SOMBRA DEL GRANADO é a crónica dun desgarramento: o dos musulmáns que permaneceron nas súas terras tras a culminación da Reconquista en 1492 e aos que o decreto de conversión promulgado dez anos máis tarde levouá diáspora, ao ocultamento ou a unha frustrante decisión. A través dos avatares dunha familia morisca do reino de Granada, Tariq Ali pinta un fresco inolvidable desos días decisivos nos que, cun telón de fondopresidido pola siniestra figura do cardeal Cisneros, as fogueiras inquisitoriais, espías, intrigas e escaramuzas, á luz dunha civilización espléndida esmorece lentamente.

O autor, Tariq Alí, é un escritor, director de cine e historiador de orixe paquistaní que tras loitar, cando era estudante, contra a ditadura paquistaní foi enviado a Londres. Ten escritas varias novelas mais tamén varios libros sobre o fenómeno do “yihadismo”. Colabora con artigos na prensa británica, sobre todo, en cabeceiras como The Guardian, pero tamén en diversos medios críticos como Rebelion.org e outros varios.

Día do Libro 2013-II

Outra das actividades realizadas, sobre todo con 3º da ESO, e por grupos foi unha “búsqueda do tesouro” na Biblioteca.  A actividade consistía en ter que buscar na biblioteca un exemplar do Quijote, escondido, para o cal había que seguir unha serie de pistas. Tiveron que resolver dende unha sopa de letras, até buscar nos atlas varias localidades ata ir centrándose na obra.

Aquí tedes o resultado gráfico de todo o proceso que, a ratos, provocou un certo grao de excitación. En primeiro lugar, temos a reportaxe fotográfica e, despois tamén, en formato video. Cal vos gusta máis?

[gigya src=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2013/05/Na-procura-do-libro-perdido.swf” width=”500″ height=”375]

 

Día do Libro 2013-I

Para conmemorar o “Día do Libro” este ano tiramos a casa pola fiestra e organizamos unha serie de actos que tiveron unha importante repercusión tanto dentro do centro como fóra. Así puidemos ver unha foto dun dos actos principais na primeira portada do xornal “El Progreso“. Sen dúbidas, é unha foto ben bonita.

A foto, formaba parte da actividade que denominamos “Chuvia de letras“. Coa colaboración de parte do alumnado de 2º de BAC, aproveitamos libros expurgados da Biblioteca, que estaban rotos ou moi deteriorados e que empregamos para un último fin: creamos unha chuvia de follas, ou de letras con eles, e mesturámolas coa primeira folla de “El Quijote”. Botamos todo iso no vestíbulo do Centro, como se ve na foto, e tivemos un pequeno premio para quen a atopara. Cousa que xa vedes que non debeu ser demasiado doado.

Presetámosvos, de seguido, tanto o carrusel de fotos como unha pequena gravación en video do proceso que nos deixou moi satisfeitos, pois o noso alumnado tamén colaborou, cando rematou a actividade, a recoller as follas e, en poucos minutos, quedo todo en perfecto estado. Non temos máis que palabras de agradecemento a todos os que colaboraron:

GRAZAS.        

 

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2013/05/Chuvia-de-letras.swf” width=”500″ height=”375targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]


Recomendacións do Departamento de Música

Presentámosvos as recomendacións do Departamento de Música para que vaiades lendo até o remate do curso. As lecturas están estruturadas por niveis e, incluso, aparece algún título para aqueles que estades a estudar con Conservatorio. Para poder ver o boletín enteiro, preme na imaxe.

Presentación de libro

Despois dun días de parón, por causas alleas á organización, como se adoita dicir, voltamos cunha nova interesante. Organizado polo Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba, un profesor do noso IES, Xosé Otero Canto, presentará hoxe ás 20’ooh., na Galería Sargadelos o seu novo libro de poesía titulado “Poética da viaxe (12 horas de poesía)“. Este poemario xorde da experiencia a partir da inspiración durante unha longa viaxe na que cruzou a península.

Chégannos…frescas

Chégannos un feixe de novas da Librería Biblos, para os vindeiros días.

  • Así,o venres 12 ás 19’oo h. haberá un contacontos de balde para cativos de infantil e primaria.

 

 

 

 

 

  • E de seguido, ás 20’00 h. faise a presentación en Lugo da novela de Xosé Mª LemaCosta do solpor“, editada por Xerais. O acto contará tamén coia participación, a maiores do autor, de Primitivo Iglesias e de Manuel Bragado , director da editorial. Esta obra, finalista do “premio Xerais”, conecta a novela tradicional de aventuras como “A illa do tesouro” coa xeografía galega da Costa da Morte.

 

 

 

O martes 16 de abril, ás 20’15h. , haberá un acto no que  se contará con Xesús Alonso Montero, antigo profesor do noso centro, e un dos actuais candidatos á Presidencia da Real Academia Galega. No acto, tamén participarán os poetas lucenses Claudio Rodríguez Fer Carmen Blanco.



« Entradas anteriores

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz