Un outro blogue en galego de Wordpress

Categoría: Curso 2010-2011 (Páxina 2 de 2)

Visita a “El Progreso”

Por fin temos xa as fotos da visita realizada ao xornal “El Progreso” por varios grupos do noso Centro e que fora organizada polo Departamento de Ciencias Sociais. Aquí tedes unha pequena escolma das fotos realizadas e nas que se pode ver bastante ben o fundamental da visita.

[kml_flashembed movie="" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

Presentación dun poemario

Facémonos eco aquí -un pouco tarde- dun acto que se celebrou no Salón de Actos do Centro o pasado día 24. Foi a presentación dun libro de poemas de Xosé Luis Vázquez Somoza (profesor, tamén do noso Centro) titulado Nube de seda na lúa. Participaron, tamén, como apoio e homenaxe do autor,  outros profesores do Centro como Xosé Otero Canto e Manuel Celso Matalobos, e un coñecido poeta como Isidro Novo.

Finalmente, amais da lectura de poemas e outras intervencións, o compañeiro Pablo Mourelle Sanmartín, interpretou unhas pezas co acordeón. Velaí tedes unhas imaxes do acto.


Colaboracións, por favor.

Comezamos cunha nova sección no blogue que esperamos sexa moi utilizada. Chamámola “Colaboracións” porque entrarán aí aquelas achegas que nos fagades e que teñan un mínimo de interese. Non é preciso referirse a unha temática especial, aínda que nalgunha ocasión poida que se pida si. Quere ser un recuncho onde calquera -alumnos e alumnas ou mesmo profesores/as- fagan comentarios sobre aquilo que lle pete nun momento determinado. Obviamente, sendo un apartado tan amplo a única limitación é que hai que ter coidado coa lingua que se empregue e coa expresión. Ánimo e a colaborar. Se queres ver aquí presentes as túas reflexións, chega con que mandes o texto ao noso enderezo de correo.

Asterix no Lucus Augusti

Comezamos un novo curso e aínda que con algo de retraso principiamos tamén co traballo na Biblioteca. Vai algo lento de máis pero xa se irá a coller ritmo de seguido.

Hoxe, como conmemoración do “Día das Bibliotecas Escolares” presentamos estas imaxes sobre a exposición que se leva a cabo no Centro sobre exemplares de Asterix en varias linguas. Mesmo algún está no Centro polo que pode ser lido. Foi organizada por membros dos Departamentos de Lingua Castelá e Plástica, xunto coa participación de alumnos da materia de Literatura Universal de 2º de BAC. Esperamos que vos guste a exposición.

[kml_flashembed movie="" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

Claro que se queres ve-las imaxes anteriores nun tamaño máis grande, preme na seguinte ligazón:  

E se queres completar o círculo, este días no vestíbulo da Biblioteca Pública, hai tamén unha pequena exposición de carteis sobre as películas de temática romana máis afamadas (clásicas como Espartaco, ou modernas como Gladiator), e tamén da indumentaria que levaban os lexionarios. É particularmente interesante a vitrina que fai referencia ós diversos tipos de espadas.

Entradas seguintes »

© 2024 bibliolucus

Tema por Anders NorenArriba ↑

error

Gústache o blogue? Corre a voz