O vindeiro martes, 30 de xaneiro ás 20:00 horas, no salón de actos do IES Lucus Augusti preséntase o Dicionario do Galego do Bierzo.
Participará a autora, Sara Rodríguez Fernández, acompañada dos profesores Gaspar Méndez, departamento de Xeografía e Historia, e Yolanda Carregal, ENL.
O pasado mércores 17 de xaneiro o alumnado de 2º de ESO asistiu a representación da obra de teatro Entrepasos e zancadasno auditorio Gustavo Freire; actividade organizada polo Depto. de Lingua Castelá e Literatura.
Foi unha actividade pensada para achegar o teatro aos máis cativos, sobre todo, o teatro clásico español que nunca pasa de moda.
Como xa é tradicional, o Departamento de Filosofía do IES Lucus Augusti, convoca o Concurso de Ensaio que xa vai pola 5ª edición e, desta volta, nas modalidades de Artigo e Banda Deseñada.
O tema é: ESTAMOS MELLOR INFORMADOS NA ERA DIXITAL?
Argumento: Óese falar de “sociedade da información”, é unha calificación veraz? É máis un desexo que unha realidade? Unha expectativa que se está a cumprir? Podemos confiar na verdade do que vemos? Ou do que oímos que din? Relacionámonos mellor grazas ás redes sociais? É a IA unha ferramenta de coñecemento, ou é algo máis? Interrogantes como estes e outros moitos caben dentro dunha reflexión sobre a revolución dixital, internet, as redes sociais e os seus efectos sobre a sociedade e o ser humano.
BASES do V Premio de Ensaio:
1. Poderase presentar alumnado de Bacharelato do IES Lucus Augusti.
2. Artigo e texto da viñeta poderán estar escritos en lingua galega ou castelá.
3. A extensión será entre 4.000 e 8.000 caracteres, espazos incluídos. O artigo asinarase con pseudónimo. Entregarase un exemplar na conserxería do instituto en sobre pechado tamaño A4, no que figure modalidade (artigo ou viñeta), pseudónimo e título. Dentro do sobre incluirase outro máis pequeno, co nome e apelidos do/da participante, curso e grupo.
4. O prazo de presentación será ata o día 22 de marzo de 2024.
5. O xurado estará formado por profesorado do Departamento de Filosofía e Debuxo e os editores da revista “Hechos mínimos”.
6. O xurado valorará especialmente a orixinalidade do enfoque e capacidade crítica, ademais da corrección formal (de artigo e viñeta).
7. Os premios consistirán no seguinte:
1º premio: publicación de artigo e viñeta na revista cultural Hechos Mínimos de Lugo, diploma e cheque por valor de 50€ en cada modalidade.
2º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 30€
3º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 20€
En sesión celebrada no IES LUCUS AUGUSTI o 25/04/2023 reunido o xurado do IV Premio de Ensaio Filosófico composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía e Educación Plástica, e a escritora e redactora da revista colaboradora “Hechos Mínimos”; despois de avaliar os traballos presentados, o xurado decide fallar os seguintes PREMIOS:
MODALIDADE ENSAIO
PRIMEIRO PREMIO para PABLO PEDREIRA LÓPEZ, de 1º BACH C.
SEGUNDO PREMIO para CLOE CANTO SYLLÁ, de 2º BAC E.
TERCEIRO PREMIO para PAULA PIÑEIRO LAGE, de 2º BACH E.
MODALIDADE VIÑETA
PRIMEIRO PREMIO para MARTA RIVERA LÓPEZ, de 2º BACH B (viñeta nº 1)
Ademáis dos traballos premiados, menciónanse tamén nas consideracións fináis os traballos presentados por ANTÓN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ de 2º BACH E e IAGO RAMOS SALGADO de 1º BACH E.
O ENSAIO de PABLO PEDREIRA LÓPEZ destacado co Primeiro Premio contén unha reflexión madura e ben articulada sobre o tema proposto da “paz despois da guerra”, cun texto de ideas precisas e sensibilidade na expresión, con capacidade para suxerir e continuar pensando a partir del, mérito que consideramos especialmente destacable.
A VIÑETA premiada de MARTA RIVERA LÓPEZ reflexa en breves trazos as ambiguidades e paradoxas do tema, facendo que unha cuestión complexa poida ser transmitida con medios sutís, deixando abertas posibles lecturas da imaxe.
Non queremos deixar de destacar os ensaios premiados de CLOE CANTO SYLLÁ (un texto de gran riqueza no manexo de referencias culturais) e PAULA PIÑEIRO LAGE (con texto cheo de matices na expresión das ideas). E con elas, os textos de ANTÓN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ e IAGO RAMOS SALGADO, con cualidades que os fan ser meritorios concursantes deste premio. Noraboa a todas elas e eles.
A entrega dos premios terá lugar o día 5 de maio de 2023, ás 11:15 na Sala de Xuntas do IES Lucus Augusti.
O pasado xoves 20 de abril, presentouse o libro: Nós tamén temos historia volume II, escrito polo profesor de Xeografía e Historia Gaspar Méndez Fuentes e o seu alumnado de 2º e 3º ESO do curso 2021/22. O acto celebrouse no salón de actos coa participación dos pais e familiares do alumnado e tamén acudiron as autoridades da Deputación que subvencionaron a súa edición e mailo editor.
Xa en cursos anteriores falaramos doprimeiro volume e, desta volta, vai o segundo. A seguir, podedes ver algunhas imaxes do acto.
Organizada polo Departamento de Xeografía e Historia maila Biblioiteca, o vindeiro día 15 de decembro ás 19’00h., hase celebrar unha conferencia dun dos historiadores máis reputados do país, Xosé M. Núñez Seixas.
Aproveitando que ven de publica-la súa última obra, Volver a Stalingrado. El frente del este en la memoria europea (1945-2021), pola que foi, ademais, merecedor do importante Premio Internacional de Ensaio Memorial Walter Benjamin.
É unha boa ocasión para ter contacto directo co autor e ademais del, intervirán tamén Javier Gómez, profesor e crítico de El Progreso e Henrique Hervés, profesor no noso centro.
Como vén sendo tradicional, convócase polo departamento de Filosofía do IES lucus Augusti e pola Biblioteca, a IV edición do premio de Ensaio con arreglo as bases que se indican no cartel que se achega e das que destacamos as máis importantes:
IV Premio de Ensaio
O tema desta volta vai sobre: A paz despois da guerra; e consta de dúas quendas nas que se pode participar: ou ben artigo ou ben unha viñeta de Banda Deseñada.
A convocatoria é, exclusivamente, para o alumnado de Bacharelato e pode realizarse en galego como en castelán.
A extensión debe estar entre 4.000 e 8.000 caracteres, espazos incluídos e prazo de presentación remata o 24 de marzo de 2023.
Os premios serán os seguintes: para o 1º un diploma e unha asignación económica e a publicación do ensaio na revista “Hechos mínimos”. Para o segundo e o terceiro, serrán un obsequio e un diploma en cada caso.
Durante toda unha xornada, visitounos o famoso xograr Crispín D´Olot que fixo un divertido repaso literario dende a Idade Media ata a actualidade para todos os niveis educativos no noso Centro.
Na actividade, organizada polo departamento de Lengua y Literatura Castellana, pasouse repaso a moitos dos clásicos da Literatura castelá, dende Quevedo a Góngora e tamén ao romancero.
Tamén o propio Crispín fixo mención da actividade do centro no seu propio Facebook. Se queres botarlle unha ollada, preme aquí.
Como en cursos anteriores, o Departamento de Filosofía, en colaboración co Club de Letras e a Biblioteca, convocan a III edición do Premio de Ensaio. O interesante, dende o noso punto de vista, é que o primeiro premio será publicado na revista do concello “Hechos Mínimos”. O prazo é até o 8 de abril. Ánimo.
Presentamos unha nova reseña de Antonio, o profesor de Lingua e Literatura Castelá.
Joël Dicker, xoven escritor xenebrés, conságrase co éxito obtido por esta novela, catalogada como “thriller”, aínda que supera por moito os límites deste xénero.
A historia conta a investigación dunha morte que sucedeu fai moitos anos nun pobo costeiro de Norteamérica. O que nun principio evidenciaba un caso resolto convértese nunha maraña de interrogantes que un escritor nobel en crisis creativa chegado de Nova York debe desentrañar.
Na novela vese claramente o influxo de autores como Nabokov e a súa grandiosa Lolita, así como a pegada dos grandes escritores de novela negra estadounidenses ou do cinema clásico de Hollywood. Dicker sabe combinar de maneira maxistral unha historia de amor cos avatares dunha sociedade na que se critica claramente a dobre moral imperante na América de finais do século XX.
Pese á súa ambientación, a novela pode extrapolarse a practicamente calquera lugar do planeta, xa que a confección dos distintos personaxes que fai Dicker dálle unha dimensión abondo ampla.
En definitiva, unha obra apaixoante que engancha dende a primeira liña e que mantén a atención do lector ata a última letra. Moi cinematográfica, luminosa e visual, probablemente acabe na gran pantalla, se non o fixo xa.
Comentarios recentes