Este ano, o Día das Bibliotecas, 24 de outubro estivo dedicado a un tema da máxima actualidade: a loita contra a desinformación. Con este motivo, La Voz de Galicia, dentro do seu programa Prensa Escuela, compartiu un contido informativo de interese para os centros educativos, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de acceder a fontes fiables, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico.
Dende a biblioteca do IES Urbano Lugrís, de Malpica de Bergantiños, o xornalista César Rodríguez ofreceu un relatorio sobre a desinformación, abordando cuestións relacionadas coa desinformación, o seu contexto, o papel da Intelixencia Artificial e a sabedoría das multitudes. Pretendíase proporcionar pautas para combater a desinformación.
Con motivo da celebración do Día da Muller e da Nena na ciencia o vindeiro 11 de febreiro, o Departamento de Física e Química e o Clube de Ciencia do IES Lucus Augusti, en colaboración coa Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizan o III Concurso de szikus baixo o lema “A ciencia en poema”. Achegamos nesta entrada o cartaz do certame.
Por iniciativa do Club de Ciencias e do Equipo de Dinamización Lingüística exponse no vestíbulo do noso Instituto a mostra itinerante XEAS: Mulleres que estudan a Terra. co gallo da conmemoración do Día da Muller e da Nena na Ciencia o vindeiro 11 de febreiro. A exposición consta de sete paneis con textos de Rosa María Mateos e Ana Ruiz Constán, do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME-CSIC), ilustracións de Nívola Uyá e tradución ao galego de Irene Pérez Cáceres. A mostra chegou a nós a través da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), copropietaria da mesma, xunto coa sección galega da Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra (AEPECTGalicia).
O percorrido pola exposición permíte achegarnos a diferentes disciplinas das Ciencias da Terra a través das aportacións de doce xeólogas de épocas, contextos históricos e nacionalidades diferentes que, malia os atrancos cos que se atoparon, deixaron unha forte pegada no coñecemento científico. Algunhas foron, ademais, mulleres cunha gran conciencia social e compromiso político. Outras implicáronse notablemente na transmisión do coñecemento científico, especialmente a outras mulleres.
A mostra pretende ser un xusto recoñecemento ao traballo de todas elas e unha ventá aberta para que o noso alumnado as coñeza e siga traballando na visibilización do papel que xogou e xoga a muller na Ciencia.
A exposición permanecerá no centro ata o venres 14 de febreiro.
O Departamento de Filosofía do IES Lucus Augusti vén de convocar o VI Concurso de ensaio filosófico. O tema deste ano é Qué é ser normal?
Compre reflexionar sobre preguntas como: Algunha vez te sentiches diferente? Pensache que non encaixabas no que os demáis agardaban de tí? Ou son os demáis os raros? ¿Quen marca o criterio? Que teñen que ver a nosa educación, os nosos desexos, a cultura dominante? O normal varía co tempo? Hai que esforzarse máis por ser normal ou por non selo? Que é máis cómodo, ou máis molesto? Que é mellor? Que ten que ver ser normais con ser libres, ou responsables? Se te preocupan cousas como estas, ou se pensaches algunha vez cousas parecidas a estas, este é o teu concurso!
Estas son as bases do concurso de ensaio:
1. Está dirixido a alumnado de Bacharelato do IES Lucus Augusti.
2. Os escritos poden estar en lingua galega ou castelá.
3. A extensión será entre 4.000 e 8.000 caracteres, espazos incluídos.
4.O escrito asinarase con pseudónimo. Entregarase un exemplar na conserxería do instituto en sobre pechado, no que figuren pseudónimo e título. Dentro do sobre incluirase outro máis pequeno, co nome e apelidos do/da participante, curso e grupo.
5. O prazo de presentación remata o día 22 de abril de 2025.
6. O xurado estará formado polo profesorado do Departamento de Filosofía.
7. O xurado valorará especialmente a orixinalidade do enfoque e capacidade crítica, ademáis da corrección formal do escrito.
8. Os premios consistirán no seguinte:
1º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 100€.
2º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 50€.
3º premio: obsequio, diploma e cheque por valor de 30€
No ano 1973, o alumnado de 4º de Bacharelato, aquel que con 14 anos remataba o grao elemental e se preparaba para a súa reválida, elaborou este pequeno libro con diversos obxectivos obxectivos: dar publicidade á Declaración dos Dereitos do Neno, proclamada pola ONU en 1959; obter fondos coa súa venda para a excursión de fin de curso; e contribuír á difusión da lingua e da cultura galega. Na dúa elaboración interviron máis de 40 persoas baixo a direción do catedrático do Instituto Xesús Alonso Montero. Curioso e reivindicativo. Unha pequena xoia.
O pasado 16 de xaneiro, os alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º BAC D visitaron acompañados pola súa profesora as instalacións do Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Ademais de coñecer a función que cumpren os arquivos, puideron acceder ás distintas dependencias: depósitos, salas de consulta e catalogación. Pero, sen dúbida, foi a sala destinada á restauración de documentos a que suscitou unha maior curiosidade. Tamén aproveitamos a ocasión para facer unha viaxe no tempo da man do fotógrafo José luis Vega, protagonista da exposición “A cidade e as xentes. 1970-79” e coñecer como era Lugo nesta década, de profundos cambios no noso país.
Quen sabe! Ao mellor desta visita sae un futuro historiador ou historiadora.
Organizada polo Departamento de Alemán do IES Lucus Augusti, exhíbese no vestíbulo do noso instituto unha exposición sobre este escritor bohemio de lingua alemá baixo o título “Frank Kafka: un hombre de su tiempo y también del nuestro”. Os paneis, creados polos Centro Checo, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores da República Checa, foron proporcionados por AGAXE (Asociación Galega de Xermanistas) e a EOI de Santiago de Compostela. Poderán visitarse ata o 21 de xaneiro de 2025.
Comentarios recentes