A Exposición que temos no vestíbulo do noso Centro sobre material escolar antigo segue a ter repercusión, máis aló dos muros do instituto. A pasada semana estivera aquí un equipo da TVG rodando unha pequena reportaxe para mostrar no programa “Revista da Fin de Semana“.
No vídeo que se presenta a continuación, podedes ver o que se emitiu para toda Galiza no citado programa, no que interveñen dúas profesoras e dous alumnos, e no que tamén hai unha imaxes dalgúns dos fondos que pertencen á nosa Biblioteca Histórica.
Noutra nota anterior, tamén poñiamos algunha imaxe dunha reportaxe feita polo xornal “El Progreso” cando comezara esta exposición e tamén pasou por aquí “La Voz de Galicia” pero non puidemos pór nin tan sequera a ligazón porque é unha das páxinas de pago; o que indica a relevancia da noticia que ocupara 2 follas enteiras na edición do domingo 28 de outubro.
Todo isto, é a preparación para a Exposición central deste curso no que se conmemorará o 170 aniversario da fundación do noso Centro que é, por tanto, o máis antigo da Galiza, e un dos dez máis antigos de España, e que dará comezo a finais deste mes. Non cabe dúbida de que se están quentando os motores para ese momento.
(Nota: para ver o vídeo, hai que premer na parte central da imaxe. Se aparece se son, hai que premer outra vez. Cousas da técnica).
Deixa unha resposta