Aínda que con algo de retraso, debido a exames varios e a memorias e proxectos, xa podemos presentar ao mundo, con orgullo, a nosa Biblioteca. Para moitos será quizais algo convencional, pero só nós sabemos o que nos costou chegar até aquí. E xa imos lanzados. Esperamos que vos guste. E coma sempre, admítense suxestións e, mesmo, críticas.
[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/06/Biblioteca-do-IES-“Lucus-Augusti”.swf” width=”450″ height=”350″ targetclass=”flashmovie”]
[/kml_flashembed]
Please follow and like us:
Noraboa dende o IES de POnteceso ( A Coruña) . Sabemos moi ben o que é pasar por todo isto e ao final sempre compensa.
Unha aperta
Noemí
Efectivamente. Ter que pegarse cun célebre establemento de mobles porque só esperamos 2 meses (si 2 meses, que somos moi chulitos) para que completaran o pedido, e outros 15 días máis para que nolo envíen desde 100 quilómetros. E cando chega por fin, a factura vén con 7 céntimos de menos co cal…repetimos a xogada e outro mes de chamadas telefónicas e correos (e iso que é unha empresa PRIVADA e ademais SUECA).
Total que o de ter que tapizar nós os sofás, ata foi divertido e algo aprendimos.
Saúdos para Ponteceso.