“O efecto Matilda é o prexuízo en contra de recoñecer as achegas de mulleres científicas na investigación, cuxo traballo adoita atribuírse aos seus compañeiros varóns. O efecto foi descrito por primeira vez pola sufraxista e abolicionista do século XIX, Matilda Joslyn Gage, no seu ensaio Woman as an Inventor“.
Así comeza a entrada da Galipedia, titulada “Efecto Matilda” no que nos explica en que consiste este efecto. Isto vén a conto porque aproveitando a conmemoración do 11 de febreiro, a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, lanzan unha campaña titulada #NoMoreMatildas para conseguir unha auténtica equiparación no ámbito da ciencia.
Se che interesa, podes premer na ligazón anterior (Efecto Matilda), ver o seguinte vídeo ou consultar máis información no blogue que prepararon para isto, e que está aquí.
Deixa unha resposta